Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do día 15 de xuño de 2000, aprobouse o expediente administrativo para contratar, mediante concurso, un préstamo pola contía de 50.072.000 pesetas.

A través deste anuncio convócase licitación conforme as seguintes condicións.

1. Tramitación ordinaria, mediante concurso, por procedemento aberto.

2. Prazo de amortización: 12 anos con dous de carencia.

3. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello de Mondoñedo, praza do Concello, nº 1, 27740 Mondoñedo (lugo) das 9 ás 14 horas, no prazo de 13 días naturais, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

4. O prego que rexerá este concurso, así como a información complementaria están á disposición dos interesados na secretaría municipal para efectos de exame e reclamacións.

Mondoñedo, 20 de xuño de 2000.

Armando González Barreira

Alcalde en funcións