Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Grove.

2. Obxecto do contrato: subministración dun vehículo para o servicio de augas. Lugar de entrega: praza do Corgo, 1, O Grove. Prazo de entrega: 30 días.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 3.500.000 pesetas (21.35 euros).

5. Garantías: provisional: 2% do orzamento anterior.

6. Obtención de documentación e información. Casa do Concello do Grove. Praza do Corgo, 1, 36980-O Grove (Pontevedra). Teléfono/fax: 986 73 13 58. Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación de ofertas: durante 13 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP e no DOG das 9 ás 14 horas.

-Documentación: a establecida na cláusula 9 do prego de condicións.

-Lugar de presentación: o mesmo que figura no punto 6 deste anuncio.

-Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses.

-Admisión de variantes: admítense variantes conforme os criterios de adxudicación establecidos na base 11 do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, o terceiro día hábil seguinte, non sábado, despois do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 13 horas.

10. Outras informacións: simultaneamente á licitación exponse o prego de condicións, polo prazo de oito días hábiles desde a publicación no BOP aprazándose aquela se se producen reclamacións contra o dito prego.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O Grove, 15 de xuño de 2000

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde