Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (8/1999).

A Comisión de Goberno municipal, en sesión que tivo lugar o día 9 de xuño de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e os estatutos presentados pola Comisión Xestora do Sector 5 (Mesoiro) do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente, coas modificacións nos estatutos e as bases que se sinalan a continuación:

Base 5.3º.-As indemnizacións a favor dos arrendatarios rústicos e urbanos fixaranse de acordo co previsto na Lei de expropiación forzosa, lexislación de arrendamentos, artigo 137 do Regulamento de xestión urbanística, criterios dos xurados provinciais

de expropiación avalados pola xurisprudencia do Tribunal Supremo e, máis concretamente, en arrendamentos urbanos teranse en conta: a) Dificultade de substitución de arrrendamento en condicións análogas e, especialmente, a derivada da diferencia de rendas, b) gastos de traslado, c) valor das melloras realizadas no inmoble cando a súa percepción lle corresponda ó arrendatario.

Base 17.2º.-O proxecto de compensación someterase, logo de audiencia de tódolos afectados polo prazo dun mes, á aprobación da asemblea xeral e deberá adoptarse o correspondente acordo polos membros que representen a maoría absoluta de cotas de participación. Posteriormente, o proxecto someterase á aprobación definitiva do concello. Para esta tramitación aplicarase, en canto sexa posible, o procedemento abreviado establecido no artigo 137 da Lei do solo de Galicia.

Artigo 16.8º dos estatutos.-Os acordos adoptaranse por maioría simple de cotas de participación, salvo o de aprobación do proxecto de compensación, que requirirá o voto favorable dos membros que representen a maioría absoluta das cotas de participación.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, sinalando o proximo 27 de xullo, ás 10 horas, na notaría de Ramón González Gómez, como data para formalizar en escritura pública a constitución da xunta de compensación, á que deberán concorrer tódolos interesados en formar parte dela. Así mesmo comunícaselles que, con posterioridade á data sinalada e durante o prazo de quince días, poderán incorporarse á xunta de compensación mediante escritura de adhesión.

Terceiro.-Ordena-la publicación no DOG e no BOP do anuncio correspondente, segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e no seu nome, a Mª José Jove Santos como presidenta dela para a súa presentación e dilixencia ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Adveti-los membros da comisión xestora de que, unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta administración, deberá proceder á constitución da xunta de compensación con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispoñen dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representante municipal do órgano rector da xunta o xefe de Xestión no Servicio de Urbanismo. Carlos Hernández López.

Sexto.-Requeri-la comisión xestora, e, no seu nome, a Mª José Jove Santos, para que ingrese na Caixa Municipal en concepto de depósito previo, correspondente á liquidación da taxa pola tramitación do expediente, que ascende á cantidade de tres millóns catrocentas corenta e oito mil seiscentas

noventa (3.448.690) ptas. (aproveitamento lucrativo 344.869 m), advertíndolle que sen a xustificación de ter ingresada a dita cantidade non se poderá dar trámite ó proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode inerpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia no prazo dun mes, e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e noutro caso no de seis meses contado desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de o interpoñer.

A Coruña, 13 de xuño de 2000.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo