1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Folgoso do Caurel.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
c) Número de expediente: C/01.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: abastecemento de auga ós núcleos de Campelo, Noceda, Vilela, Castro Portela, Folgoso e Ferreiros de Abaixo.
b) Lugar de execución: termo municipal de Folgoso do Courel.
c) Prazo de execución: catro meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: 7.640.000 pesetas; 45.917,32 euros.
5. Garantías.
Provisional: o 2% do orzamento base de licitación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Folgoso do Courel.
b) Domicilio: Fondo de Vila, s/n.
c) Localidade e código postal: Folgoso do Courel 27325.
d) Teléfono e fax: 982 43 30 01.
e) Data límite de obtención da documentación e información: a de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos: os establecidos no prego.
8. Presentación das proposicións.
a) Data límite de presentación: 26 días naturais a partir do seguinte á publicación deste anuncio no BOP e no DOG. O prazo comezará a computarse a partir da última das publicacións. Se o último día fose sábado ou inhábil, o prazo rematará o seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego.
c) Lugar de presentación: Concello de Folgoso do Courel.
9. Apertura das ofertas.
a) Lugar: Concello de Folgoso do Courel.
b) Data: o cuarto día hábil seguinte á finalización do prazo para presentar solicitudes. Se coincidise en sábado, o luns seguinte.
c) Hora: 13.30 horas.
10. Outras informacións.
a) Criterios de adxudicación no concurso: os establecidos no prego.
b) Exposición pública do prego de cláusulas: oito días hábiles seguintes ó da publicación da última das publicacións deste anuncio no BOP e DOG.
11. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.
Folgoso do Courel, 1 de xuño de 2000.
José López Fontal
Alcalde