Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.099

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2000 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello Consultivo de Galicia.

De acordo co artigo 23 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia, e 67 e 68 do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 287/1996, do 12 de xullo, e de conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei,

DISPOÑO:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución.

Segundo.-Poderán concorrer a ela tódolos funcionarios que reúnan as condicións que para os distintos postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Consello Consultivo de Galicia, (r/ Algalia de Abaixo, número 24, 2ª planta, Santiago de Compostela) ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo de solicitude que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que se aleguen.

Quinto.-De conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia, será requisito indispensable ser funcionario da Comunidade Autónoma de Galicia no momento da presentación da solicitude.

Sexto.-Esta convocatoria será resolta polo Consello Consultivo de Galicia.

Sétimo.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderá declararse deserto o posto de traballo se se considera oportuno.

Oitavo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade que a do novo destino ou dun mes, se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Noveno.-Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a este Consello Consultivo a vontade de interpoñelo segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2000.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO I

Código posto: 033.

Denominación do posto: xefe de Negociado de Habilitación.

Centro directivo: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Corpo ou escala: xeral da Administración autonómica de Galicia.

Grupo: B/C/D.

Nivel de complemento de destino: 20.

Complemento específico: 625.584.