Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.098

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publican as correccións de erros materiais nas listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), listas A1 e A2, e que modifica a do 16 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 103, do 29 de maio).

Publicada a Resolución do 16 de maio de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio) pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), e detectados erros materiais nas listas publicadas relativos ó sistema de desempate, unha vez corrixidos estes por parte da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios e modificadas as correspondentes listas na sesión do 20 de xuño de 2000, unha vez elevada a correspondente proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros constatados relativos ó sistema de desempate e realizada-las oportunas modificacións, as listas para a cobertura con carácter temporal para o nomeamento de persoal interino de postos de traballo reservados a funcionarios correspondentes ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), (listas A1 e A2), da forma que a continuación se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión das causas de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atoparanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días para formula-las alegacións que coiden oportunas, que se dirixirán á comisión permanente de

selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Para os efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 ás 19 horas, de luns a venres, e de 9 ás 14 horas os sábados.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública