Publicada a Resolución do 16 de maio de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio) pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), (listas A1 e A2), e detectados erros materiais nas listas publicadas relativos ó sistema de desempate, unha vez corrixidos estes por parte da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios e modificadas as correspondentes listas na sesión do 20 de xuño de 2000, unha vez elevada a correspondente proposta, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros constatados relativos ó sistema de desempate e realizadas as oportunas modificacións, as listas para a cobertura con carácter temporal para o nomeamento de persoal interino de postos de traballo reservados a funcionarios correspondentes ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E) (listas A1 e A2), da forma que a continuación se indica:
Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.
Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión das causas de exclusión.
Segundo.-Os citados anexos atoparanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.
Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días para formula-las alegacións que coiden oportunas, que se dirixirán á comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
Para os efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública