Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.101

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (18/1999).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 18/1999 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela o dez de abril de dous mil.

Jorge Cid Carballo, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción, vista e oída en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 18/1999, seguida por unha falta de furto contra María Belén Pintos Capeáns, natural de Negreira, na que foron partes o Ministerio Fiscal e o denunciante, Antonio Fernández Villaronga.

Decido que debo absolver e absolvo a María Belén Pintos Capeáns da falta de furto da que estaba acusada, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a audiencia provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a notificación.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a María Belén Pintos Capeáns, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintenove de maio de dous mil.

A secretaria

Rubricado