Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO de convocatoria de concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para adxudicación de servicios.

Obxecto: a contratación dos traballos de actualización e conservación do catastro de urbana no concello de Narón.

Lugar de execución: Termo Municipal de Narón.

Prazo de execución: 1 ano.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Tipo de licitación.

Importe máximo: 9.008.000 pesetas.

Garantía provisoria: 180.160 pesetas.

Información: Negociado de Contratación. Avenida do Mar parcela 112, polígono industrial da Gándara.

Proposicións: data límite: ata as 13.30 horas, dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do último anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

Narón, 29 de maio do 2000.

Xoan Gato Díaz

Alcalde