Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO do plan de ocupación de praias con servicios de temporada 2000.

Por medio do presente anuncio ponse en coñecemento de todas aquelas persoas interesada que a Comisión de Goberno do Concello de Sanxenxo, aprobou en sesión do día 6 de xuño de 2000, o prego de concidións que rexerá o procedemento de adxudicación de instalacións de temporada nas praias do Concello de Sanxenxo.

Para tal efecto, e no prazo de oito días naturais desde a publicación deste anuncio, os interesados poderán coñece-lo contido dos pregos, así como as instalacións autorizadas, e formula-las súas solicitudes de autorización, cumprindo as condicións previstas nos pregos que se atopan á súa disposición nas dependencias municipais.

Asi mesmo, os interesados deberán cumpri-las condicións económicas dispostas pola Xefatura Provincial de Costas e polo Concello de Sanxenxo perante este último.

En Sanxenxo, 8 de xuño de 2000.

Telmo Martín González

Alcalde