Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de maio de 2000, en virtude de delegación da Alcaldía (Resolución do 7 de xullo de 1999), aprobou inicialmente o proxecto e urbanización da rúa da Ponte, de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, exponse ó público polo prazo dun mes contado desde o seguinte á inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante este poida ser examinado polos interesados, e presentaren, se é o caso, as alegacións ou reclamacións que coiden pertinentes.

Lalín, 5 de xuño de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado