Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público 112/2000.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza; As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

2. Modalidade de adxudicación elixida:

Procedemento aberto, concurso.

3. Obxeto do contrato, número CPA:

Concurso público: 112/2000.

Determinacións de proteínas.

Cantidades: indicadas no modelo de proposición económica adxuntado na documentación facilitada.

4. Data de adxudicación do contrato: 26-5-2000.

5. Criterios de adxudicación do contrato:

As establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares da subministración.

6. Ofertas recibidas: dúas.

7. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

Lote 1: Izasa, S.A.; r/ Aragón, 90; 08015-Barcelona (España).

8. Prezo pagado:

Lote 1: 39.674.608 ptas. (238.449,20 euros).

9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación:

10. Outras informacións.

11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial de las Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia.

DOCE: 31-3-2000.

BOE: 30-3-2000.

DOG: 28-3-2000.

12. Data de envío do presente anuncio: 7 de xuño de 2000.

13. Data de recepción deste anuncio:

A Coruña, 26 de maio de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña