Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCION do 14 de xuño de 2000 pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número 1 do parque empresarial de Celanova.

O día 6 de novembro de 1992, o Instituto Galego da Vivenda e Solo asinou un convenio co Concello de Celanova para a creación dun parque empresarial neste municipio.

En sesión do día 29 de decembro de 1998, o Concello de Celanova adoptou un acordo polo que se aproba definitivamente o plan parcial do parque empresarial de Celanova.

O antedito plan parcial determina como procedemento de actuación para a súa execución o sistema de expropiación. Este sistema implica a declaración de utilidade pública das obras, e a necesidade de ocupación dos terreos e edificios correspondentes para os fins de expropiación ou imposición de servidume, de acordo co disposto no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime de solo e valo

racións e o artigo 54 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Os bens e dereitos afectados pola expropiación están comprendidos dentro do ámbito do polígono nº 1 de actuación delimitado no plan parcial do parque empresarial de Celanova, e están concretados na relación de propietarios e titulares de bens e dereitos que se precisan ocupar recollidos na documentación daquel plan.

Na súa virtude, acórdase o inicio do expediente de expropiación forzosa mediante o procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola construcción do polígono nº 1 do parque empresarial de Celanova.

De conformidade co previsto no artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o devandito expediente expropiatorio para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que coide convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Acórdase tamén a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia. Así mesmo, as taxacións notificaránselles individualmente ós que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegacións que consideren oportunas, por triplicado exemplar, no Rexistro da Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na rúa Sáenz Díez, nº 1, baixo, 32003 Ourense.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Relación de propietarios afectados polo polígono de actuación nº 1 do parque empresarial de Celanova

PredioTitularesCaracterísticas do predio

Apelidos e nome

Enderezo

NaturezaSuperficie que se vai expropiarOutros bens indemnizablesPrezo xusto

1Mouriño Villar, Fernando

R/ Celso Emilio Ferreiro, nº 18-1º esquerda. Celanova

Rústica2.1052.360.547

3Mouriño Villar, Fernando

R/ Celso Emilio Ferreiro, nº 18-1º esquerda. Celanova

Rústica185207.459

10Mouriño Villar, Fernando

R/ Celso Emilio Ferreiro, nº 18-1º esquerda. Celanova

Rústica1.3201.480.248

11Mouriño Villar, Fernando

R/ Celso Emilio Ferreiro, nº 18-1º esquerda. Celanova

Rústica525588.735

12Mouriño Villar, Fernando

R/ Celso Emilio Ferreiro, nº 18-1º esquerda. Celanova

Rústica158177.181

13Mouriño Villar, Fernando

R/ Celso Emilio Ferreiro, nº 18-1º esquerda. Celanova

Rústica739828.715

14Mouriño Villar, Fernando

R/ Celso Emilio Ferreiro, nº 18-1º esquerda. Celanova

Rústica200224.280

PredioTitularesCaracterísticas do predio

Apelidos e nome

Enderezo

NaturezaSuperficie que se vai expropiarOutros bens indemnizablesPrezo xusto

15Mouriño Villar, Fernando

R/ Celso Emilio Ferreiro, nº 18-1º esquerda. Celanova

Rústica274307.264

16Mouriño Villar, Fernando

R/ Celso Emilio Ferreiro, nº 18-1º esquerda. Celanova

Rústica632708.725

21-AVázquez Gimeno, Manuel

Outeiriño; San Paio da Veiga. Celanova

Rústica1.6141.809.940

29Mouriño Villar, Fernando

R/ Celso Emilio Ferreiro, nº 18, 1º esquerda. Celanova

Rústica768861.235

34González Caamiña, Delfín

San Paio da Veiga; O Portiño. Celanova

Rústica59515 carballos706.608

36Vázquez Gimeno, Manuel

Outeiriño; San Paio da Veiga. Celanova

Rústica400448.560

53González Caamiña, Delfín

San Paio da Veiga; O Portiño. Celanova

Rústica2203 carballos254.583

55Casal Blanco, Julio

San Paio da Veiga. Celanova

Rústica509570.793

60Vázquez Gimeno, Manuel

Outeiriño; San Paio da Veiga. Celanova

Rústica1.9602.197.944

67González Caamiña, Delfín

San Paio da Veiga; O Portiño. Celanova

Rústica32010 carballos385.098

89-ASuárez González Paulino

Celanova

Rústica736825.350

104López Díaz, Emilio

Celanova

Rústica2.2032.470.444

106González Caamiña, Delfín

San Paio da Veiga; O Portiño. Celanova

Rústica6515 carballos743.156

107Andrés Rodríguez, Manuel

Gontán; Verea. Celanova

Rústica5302 carballos599.592

111Andrés Rodríguez, Dolores

Gontán; Verea. Celanova

Rústica9341.047.388

112Andrés Rodríguez, Manuel

Gontán; Verea. Celanova

Rústica2.06555 carballos

(5 madeirables)

4 castiñeiros

2.641.191