Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación de subministración sucesiva de tubos de extracción ó baleiro, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 20/2000).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: subministración sucesiva de tubos de extracción ó baleiro, estructurado en 7 lotes:

Lote 1: tubo de coagulación de 13x75. Tapón azul.

Lote 2: tubo de soro de 13x75. Tapón vermello.

Lote 3: tubo EDTA de 13x75. Tapón malva.

Lote 4: tubo de soro con xel de 13x75. Tapón dourado.

Lote 5: tubo de soro con xel de 13x100. Tapón dourado.

Lote 6: tubo de soro con xel de 16x100. Tapón azul.

Lote 7: tubo de soro con xel de 16x100. Tapón granate/gris.

2. Orzamento estimado: 27.640.000 ptas. (vintesete millóns, seiscentas corenta mil pesetas), IVE incluído. 166.119,74 euros (cento sesenta e seis mil, cento dezanove euros con setenta e catro céntimos).

3. Fianzas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación: 1.105.600 ptas.

Lote nº 1: 158.400 ptas.

Lote nº 2: 38.400 ptas.

Lote nº 3: 256.000 ptas.

Lote nº 4: 432.000 ptas.

Lote nº 5: 96.000 ptas.

Lote nº 6: 76.800 ptas.

Lote nº 7: 48.000 ptas.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999.

4. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

5. Prazo de execución: un ano desde a formalización do contrato. Este contrato poderase prorrogar nos termos que establece o punto 2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase, como mínimo, polos documentos sinalados nos puntos 1 e 2 do anexo I do prego tipo de cláusulas administrativas.

8. Solvencia técnica: acreditarase, como mínimo, polos documentos sinalados no punto 1 do anexo II do prego tipo de cláusulas administrativas.

9. Criterios de adxudicación.

1º Oferta económica: ata 50%.

2º Calidade dos materiais: ata 30%.

3º Servicio técnico da subministración: ata 20%.

Criterio da oferta desproporcionada ou temeraria: establécese respecto do ou dos prezos dos que a súa porcentaxe exceda en 35 unidades a media aritmética das porcentaxes de baixa de tódolos prezos ofertados e iso nos termos que recolle o artigo 84 da LCAP, modificada pola Lei 53/1999.

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario de Santiago, A Choupana, s/n 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

13. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2000.

Jordi Riba Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela