Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.988

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2000 para a convocatoria de dúas prazas de persoal laboral fixo.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas:

A) Posto: profesor de prácticas de cociña (Ref. COC-0100).

1. Funcións principais: sempre baixo a supervisión do responsable do departamento, colaborar no deseño das materias relacionadas coa formación en cociña (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos), así como coordina-la formación coa xestión dos puntos de venda do CSHG.

1. Prazas: 2 (xornada completa).

2. Requisitos:

-Titulación oficial ou específica na área.

-Experiencia docente.

-Experiencia profesional na área de 18 meses, dos que un mínimo de 6 serán como 2º de cociña (ou posto superior).

2. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos da área.

-Coñecementos de inglés e/ou francés.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

3. Probas que hai que realizar:

-Exame eliminatorio de coñecementos da área (ver temario anexo).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 2000.

-Proba escrita e oral de inglés e/ou francés.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

C) Documentación que hai que presentar:

-Solicitude indicando a referencia, dirixida ó director do CSGH (A Barcia, estrada Santiago de Compostela-Noia, km. 3. Apartado 578. 15896 Santiago de Compostela).

-Currículo.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos no C.V. Os títulos oficiais obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

-Certificación académica que indique as cualificacións obtidas na titulación requirida e o número de convocatorias por materia.

D) Prazo de presentación de solicitudes:

-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

E) Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluídos.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2000.

Heriberto Verdes Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.

ANEXO I

PROFESOR DE PRÁCTICAS DE COCIÑA

Proba de coñecementos.

1. Equipamento e maquinaria en cociña.

2. Tratamento dos alimentos.

3. Fondos e salsas.

4. Métodos de cocción.

5. Hixiene en cociña.

6. Organización do traballo e a brigada de cociña.

7. Elaboración e planificación de menús e cartas.

8. Recepción de mercadorías e almacenaxe.

9. Xestión de stocks.

10. Control de custos en cociña e fixación de prezo de venda.