Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.982

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO de apertura do prazo de presentación de instancias para a confección das listas de candidatos para contratacións laborais temporais.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nos procesos de selección para a cobertura de postos de traballo que, con carácter temporal, poidan xurdir no instituto dentro das diferentes categorías profesionais, poden presenta-lo seu currículum no modelo que se xunta a esta convocatoria (anexo 1).

-Normas xerais:

Vixencia:

As listas resultantes estarán vixentes durante un ano (prorrogable), unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes.

Requisitos:

1. Ter cumpridos os 18 anos.

2. Acreditar nacionalidade española ou dun país membro da Unión Europea, ou, se é o caso, dispoñer de autorización para poder residir e traballar legalmente en España.

3. Cumpri-los requisitos mínimos de titulación e/ou experiencia que sexan esixidos para o posto de traballo ó que se opte na data de publicación da convocatoria.

4. Para tódolos postos é necesario dispoñibilidade xeográfica e horaria, e que o solicitante estea disposto a traballar fins de semana e festivos.

Documentación que hai que presentar:

a) Un orixinal e unha fotocopia da solicitude asinada (anexo 1). Se nalgún punto non é suficiente o espacio sinalado, o candidato deberá fotocopia-la folla necesaria e xuntala á súa solicitude.

b) Fotocopia do DNI.

c) Fotocopia compulsada da titulación esixida.

No momento da formalización da posible relación contractual, o candidato/a deberá presenta-la documentación necesaria (ou, se é o caso, realiza-las probas prácticas pertinentes) para acredita-la veracidade dos datos incluídos no currículum.

Nota: se desexa participar en máis dun posto, será necesario cubrir unha solicitude por cada perfil ó que opte.

-Lugar e presentación de solicitudes:

As solicitudes (segundo o modelo que se xunta: anexo 1), xunto coa copia do DNI e do título esixido, deberán presentarse nas oficinas do Instituto Galego de Medicina Técnica, nos seguintes enderezos:

Praza Europa, portal 5A, 6º B (15703 Santiago de Compostela).

Estructura administrativa Medtec, Hospital do Meixoeiro, O Meixoeiro s/n (36200 Vigo).

A tódolos solicitantes seralles devolta a fotocopia da solicitude indicando o número de rexistro da súa instancia. Naqueles casos nos que se envíen por correo ou vía Administración, sinalarase no xustificante de recepción o número de rexistro.

O prazo de presentación será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, en horario de 9 a 14 horas.

-Instruccións para a cobertura das solicitudes:

As solicitudes deberán axustarse ó modelo oficial desta convocatoria, quedando excluída calquera solicitude que non se axuste ó devandito formato.

Calquera persoa poderá presentarse a máis dun posto se cumpre os requisitos esixidos, sempre que se presente unha solicitude por cada posto ó que opte. Advírtese de que non se farán copias no momento da entrega.

Na cabeceira da solicitude deberá indicarse coa mesma denominación o nome do posto ó que opta e a referencia sinalada para o devandito posto, segundo a seguinte relación de postos de traballo.

-Postos de traballo:

* ATS/DUE radioterapia. Referencia anexo 1: PS-1.

Título homologado de ATS/DUE. Curso de capacitación de operadores de instalacións radioactivas.

Experiencia en unidades de Oncoloxía Radioterápica.

* ATS/DUE instrumentista. Referencia anexo 1: PS-2.

Título homologado de ATS/DUE.

Experiencia como instrumentista xeral.

* ATS/DUE medicina nuclear. Referencia anexo 1: PS-3

Título homologado de ATS/DUE. Curso de capacitación de operadores de instalacións radioactivas.

Experiencia en unidades de Medicina Nuclear.

* ATS/DUE perfusionista. Referencia anexo 1: PS-4.

Título homologado de ATS/DUE.

Experiencia acreditada en perfusión ou ter realizado o curso de posgrao en técnicas de perfusión e osixenación extracorpórea (e/ou estar en posesión do certificado europeo en perfusión cardiovascular).

* ATS/DUE reanimación/cardioloxía. Referencia anexo 1: PS-5.

Título homologado de ATS/DUE.

Experiencia en unidades de Coidados Intensivos, Recuperación Postoperatoria ou Cardioloxía.

* Auxiliar administrativo. Referencia anexo 1: AD-6.

Titulación de FP II ou análogo. Dominio do galego. Dominio do paquete informático Microsoft Office.

Experiencia en postos administrativos xerais en empresas vinculadas ó sector sanitario.

* Auxiliar de almacén. Referencia anexo 1: AD-7.

Título de graduado escolar.

Experiencia en almacéns no sector hospitalario.

* Auxiliar de clínica. Referencia anexo 1: PS-8.

Título homologado de auxiliar de clínica.

Experiencia en unidades de Cardioloxía, Recuperación Postoperatoria, Quirófano ou Consultas.

* Auxiliar sanitario. Referencia anexo 1: PS-9.

Título de graduado escolar.

Experiencia en Quirófano, unidades de Recuperación Postoperatoria ou Atención Directa ó Paciente.

* Consultor. Referencia anexo 1: AD-10.

Titulación universitaria grao medio ou superior.

Experiencia en consultoría en empresas vinculadas ó sector sanitario.

* Físico/radiofísico. Referencia anexo 1: PS-11.

Licenciado en ciencias físicas coa especialidade de radiofísica hospitalaria.

* Médico especialista en anestesioloxía. Referencia anexo 1: PS-12.

Título homologado de licenciado en medicina e cirurxía, con especialidade en anestesioloxía e reanimación.

* Médico especialista en cardioloxía. Referencia anexo 1: PS-13.

Título homologado de licenciado en medicina e cirurxía, con especialidade en cardioloxía.

* Médico especialista en cirurxía cardíaca. Referencia anexo 1: PS-14.

Título homologado de licenciado en medicina e cirurxía, con especialidade en cirurxía cardiovascular.

* Médico especialista en medicina nuclear. Referencia anexo 1: PS-15.

Título homologado de licenciado en medicina e cirurxía, especialidade de medicina nuclear. Curso de capacitación de supervisores de instalacións radioactivas.

* Médico especialista en radioloxía. Referencia anexo 1: PS-16.

Título homologado de licenciado en medicina e cirurxía, con especialidade en radiodiagnóstico.

* Médico especialista en radioterapia. Referencia anexo 1: PS-17.

Título homologado de licenciado en medicina e cirurxía, coa especialidade de oncoloxía radioterápica.

* Psicólogo. Referencia anexo 1: PS-18.

Licenciado/a en psicoloxía. Dominio do galego.

Experiencia en centros hospitalarios.

* Técnico en medicina nuclear. Referencia anexo 1: PS-19.

Título homologado de técnico especialista en medicina nuclear. Curso de capacitación de operadores de instalacións radioactivas.

Experiencia en unidades de Medicina Nuclear.

* Técnico en radiodiagnóstico. Referencia anexo 1: PS-20.

Título homologado de técnico especialista en radiodiagnóstico.

Experiencia en resonancia magnética e tomografía computerizada.

* Técnico superior en imaxe. Referencia anexo 1: PS-21.

Título homologado de técnico superior en imaxe.

* Técnico superior en radioterapia. Referencia anexo 1: PS-22.

* Título homologado de técnico superior en radioterapia.

* Asistente social. Referencia anexo 1: PS-23.

Título de asistente social. Dominio do galego.

Experiencia en centros hospitalarios.

* Fisioterapeuta. Referencia anexo 1: PS-24.

Diplomado universitario en fisioterapia, coa especialidade en fisioterapia respiratoria ou cardiopulmonar.

-Relación de códigos para a cobertura do epígrafe Experiencia profesional:

Códigos categoría profesional: deberá indicarse a categoría profesional na que prestou os seus servicios e que poida ser acreditada documentalmente.

Na Administración pública:

CódigoDescrición

1(Grupo A) título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arqui-

tecto ou equivalente.

2(Grupo B) título de enxeñeiro técnico, diplomado uni-

versitario, arquitecto técnico, FP 3º grao ou equivalente.

3(Grupo C) título de bacharelato, FP 2º grao ou equivalente.

4(Grupo D) título de graduado escolar, FP 1º grao ou

equivalente.

5(Grupo E) certificado de escolaridade.

Na empresa privada:

CódigoDescrición

Persoal técnico sanitario:

6Adxunto.

7Fisioterapeuta.

8Axudante técnico sanitario.

9Asistente social.

10Auxiliar sanitario especializado.

Persoal subalterno sanitario:

11Coidador, sanitario, auxiliar de clínica.

Persoal administrativo:

12Oficial administrativo.

13Auxiliar administrativo.

Códigos área de traballo: deberá indicarse o código numérico co que corresponda á área profesional.

Área administrativa:

CódigoDescrición

1Recursos Humanos.

2Contabilidade.

3Informática.

4Subministracións.

5Almacén.

6Facturación.

7Recepción.

8Atención ó Cliente.

9Secretaría.

10Sistemas de información.

11Consultoría.

Área sanitaria:

CódigoDescrición

12Instrumentación quirófano.

13Perfusión.

14Circulante quirófano.

15Unidades de Coidados Intensivos.

16Unidades de Recuperación Postoperatorias.

17Cardioloxía.

18Planta.

19Unidades de Hemodinámica.

20Unidades de Resonancia Magnética e TC.

21Unidades de Oncoloxía Radioterápica.

22Unidades de Medicina Nuclear.

23Consultas.

24Protección Radiolóxica.

25Radiodiagnóstico.

As dúbidas serán atendidas en horario de 9 a 14, nos mesmos enderezos que se indican para a presentación de solicitudes, ou chamando ós teléfonos 981 57 76 50 e 986 81 11 89.

Íñigo Á. Canoa

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica, S.A.