Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.982

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 6 de xuño de 2000 polo que se fai pública a convocatoria de bolsas de formación en materias de divulgación comunitaria de interese para Galicia.

De acordo cos seus fins fundacionais, a Fundación Galicia-Europa convoca catro bolsas para a formación en materias de divulgación comunitaria de interese para Galicia, por un importe singularizado de cento dez mil pesetas brutas mensuais, e por un período de seis meses, tendo como destino un dos centros galegos de información europea.

Os peticionarios deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser nacional español ou de calquera outro estado membro da Unión Europea, con veciñanza administrativa na Comunidade Autonóma de Galicia.

b) Estar en posesión dunha licenciatura universitaria, preferentemente relacionada coa xestión documental e de arquivos.

c) Dominio dos idiomas galego, castelán e inglés ou francés.

d) Manexo no nivel de usuario de tratamento de textos, bases de datos da Unión Europea e Internet.

O prazo de recepción de solicitudes rematará ó décimo quinto día natural contado desde o seguinte ó da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Para consulta-las bases reguladoras das bolsas, solicitar información e presenta-la pertinente documentación, os interesados deberán

dirixirse á Fundación Galicia-Europa, rúa dos Feáns, 5-baixo. 15706 Santiago de Compostela. (Teléfono 981 54 10 12).

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2000.

Jaime Pita Varela

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa