Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 2 de maio de 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de vía entre rúa Lucena e rúa San Andrés no Carril, promovido por Rualede, S.L. e redactado polo arquitecto Manuel J. Freijeiro Martínez.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o citado proxecto de urbanización sométese a información pública polo prazo dun mes, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo os interedados examina-lo expediente nas oficinas municipais da secretaría e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 5 de maio de 2000.

Manuel Rodríguez Cuervo

Alcalde