Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 27 de abril de 2000, acordou aprobar definitivamente o Plan especial do Porto de Vilagarcía de Arousa, redactado por Interurban, S.A. e promovido pola autoridade portuaria.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galica, significando que contra o citado acordo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o Pleno da Corporación Municipal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do último dos anuncios no DOG ou BOP. Contra a resolución do recurso potestativo de reposición poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se é o caso, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación da resolución expresa do citado recurso. Se a resolución non fose expresa, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.

Así mesmo, poderase interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo citado sen necesidade de interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Vilagarcía de Arousa, 29 de maio de 2000.

Joaquín J. Gago López

Alcalde