Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión do día 12 de xuño de 2000, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan parcial do sector B do polígono industrial de San Cibrao das Viñas por instancia de Caixa Vigo e Ourense.

De conformidade co disposto nos artigos 42.1º, 49.2º e 56.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese o trámite de información pública durante o prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no DOG, con fin de que os interesados poidan examina-lo expediente na secretaría municipal e formula-las reclamacións que estimen oportunas.

San Cibrao das Viñas, 14 de xuño de 2000.

A alcaldesa

Rubricado