Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación do procedemento sancionador de caza 99/0130.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento

sancionador por infracción administrativa da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza (DOG nº 133, do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo director xeral de montes e MAN desta consellería, segundo o artigo 68 da Lei 4/1997 de caza.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, estime convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó abeiro do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior a resolución, porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 24 de maio de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente caza: 99/0130.

Denunciado: Garrido Souto, José Antonio.

DNI: 32.435.488.

Último enderezo coñecido: rúa do Xílgaro, 31, Carballo (A Coruña).

Infracción: cazar nun couto sen o correspondente permiso.

Tipificación: artigo 58.27º da Lei de caza de Galicia. Grave.

Sanción proposta: 100.001 pesetas.