Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2000, da Delegación Povincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de residuos 00/0214 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, (BOE nº 96, do 22 de abril), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución ser acordada polo delegado provincial desta consellería na Coruña, no primeiro caso e polo conselleiro de Medio Ambiente nos dous últimos, segundo o artigo 37.1º da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, Lei 30/1992, do 26 de novembro e có establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 24 de maio de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente R.: 2000/0214.

Denunciado: Morandeira López, Manuel.

DNI: 32.380.070-A.

Último enderezo coñecido: lugar Altamira-Irixoa (A Coruña).

Infracción: queima de plásticos, pneumáticos e outros materiais.

Tipificación: artigo 34.4º C) en relación co artigo 34.3º B) da Lei de residuos.

Sanción proposta: 50.000 pesetas.

Expediente R.: 2000/0373.

Denunciado: Souto Martínez, Manuel.

DNI: 32.390.924-R.

Último enderezo coñecido: Vázquez de Parga, 10, 5º B, Carballo (A Coruña).

Infracción: depósito de vehículos en desuso, nun predio.

Tipificación: artigo 34.3º B) da Lei de residuos.

Sanción proposta: 100.001 pesetas.

Expediente R.: 2000/0379.

Denunciado: Costoya Neira, Antonio.

CIF: 32.440.511-T.

Último enderezo coñecido: Marola, 21, 5º A, A Coruña.

Infracción: abandono de dous vehículos, unha caixa de camión e diversa chatarra.

Tipificación: artigo 34.3º B) da Lei de residuos.

Sanción proposta: 100.001 pesetas.