Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 99/0116 e 99/0129.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción administrativa á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións crea pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiranse ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 24 de maio de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente pesca: 99/0116.

Denunciado: Bello Castro, José Luis.

DNI: 32.752.607.

Último enderezo coñecido: Avda. da Pasaxe, 9, 8º D, A Coruña.

Infracción: non respecta-las limitacións de número, peso ou tamaño fixadas pola consellería.

Tipificación: artigo 33.9º da Lei de pesca en concordancia co artigo 90.9º do seu regulamento.

Sanción proposta: 41.000 pesetas.

Expediente pesca: 99/0129.

Denunciado: López Barreiro, Antonio.

DNI: 35.356.194.

Último enderezo coñecido: Avda. Benito Vigo, 119, 5º A, A Estrada (Pontevedra).

Infracción: pescar nun tramo acoutado sen estar en posesión do permiso regulamentario e pescar con máis canas das permitidas (dúas).

Tipificación: 34.10º e 90.4º da Lei de pesca fluvial en concordancia co artigo 91.10º e 90.4º do seu regulamento.

Sanción proposta: 50.001 pesetas.