Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2000 sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos pertencentes a propietarios non incorporados á Xunta de Compensación do Polígono M-8, M-9 e M-10 do Plan parcial Cordeda 2ª fase no concello de Culleredo.

Antecedentes.

-O Concello de Culleredo en sesión plenaria de data 28 de abril de 1998 aprobou definitivamente a modificación do Plan parcial de Cordeda 2ª fase, sector integrado polos cuarteiróns M-8, M-9 e M-10.

-O Concello de Culleredo aprobou definitivamente os estatutos e bases de actuación da Xunta de Compensación do Polígono M-8, M-9 e M-10 do Plan parcial de Cordeda 2ª fase, con data 12 de xaneiro de 1999 (segundo consta na documentación remitida).

-O Concello de Culleredo remitiu, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na Coruña, o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos pertencentes a propietarios non incorporados á Xunta de Compensación do Polígono M-8, M-9 e M-10 do Plan parcial Cordeda 2ª fase, de conformidade co artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 145 da LSG.

Segundo.-O proxecto de expropiación forzosa acordouse iniciar por resolución da alcaldía de data 22 de setembro de 1999 do Concello de Culleredo e foi sometido a información pública polo prazo dun mes anunciándose nos diarios La Voz de Galicia de data 4 de outubro de 1999 e no BOP e DOG de datas 27 de novembro e 7 de outubro de 1999 respectivamente.

Terceiro.-As taxacións foron notificadas individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente e ó Ministerio Fiscal, respecto dos propietarios descoñecidos, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da LSG.

Cuarto.-A Corporación Municipal do Concello de Culleredo en sesión plenaria de data 17 de febreiro de 2000 acordou aproba-los informes relativos ás alegacións presentadas polos interesados en relación co proxecto de expropiación e comunicar este acordo á Xunta de Compensación co fin de que presentara un documento reformado no que se inclúan as modificacións derivadas do mesmo.

Unha vez corrixidas as deficiencias o concello acordou remiti-lo expediente expropiatorio á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para a súa aprobación definitiva tal como sinala o artigo 145.6º da LSG.

Quinto.-No Concello de Culleredo está vixente o Plan Xeral de Ordenación Urbana aprobado o 29 de xullo de 1987.

Os terreos que se pretenden expropiar están clasificados como urbanizables dentro do ámbito do Plan parcial de Cordeda 2ª fase, sector integrado polos cuarteiróns M-8, M-9 e M-10 aprobado polo Concello de Culleredo, en sesión plenaria do 28 de abril de 1998 que fixou como sistema de actuación ó de compensación. Segundo o artigo 134.1º da LSG «se algúns propietarios do polígono non se incorporasen á Xunta de Compensación esta poderá solicitar da administración actuante a expropiación dos ditos predios tendo a condición de beneficiaria...».

De acordo co antes dito e en relación cos artigos 54 da LSG e 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións resulta acreditada a declaración de utilidade pública (LRSV) e a necesidade da ocupación dos bens afectados.

Sexto.-No proxecto de expropiación remitido polo Concello de Culleredo utilizáronse para os terreos os criterios de valoración do artigo 27.2º da LRSV. Para as explotacións, terreos sementados, obras e instalacións existentes no solo e para as indemnizacións a favor dos arrendatarios, e de acordo do artigo 31 da LRSV as valoracións fixáronse conforme os criterios da Lei de expropiación forzosa, aprobada o 16 de decembro de 1954, concretándose a valoración de cada predio nas follas de prezo xusto individualizado incorporadas ó expediente expropiatorio.

Sétimo.-A Orde do 30 de decembro de 1999 do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000) pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo, no seu artigo 1 delega no director xeral de Urbanismo a aprobación definitiva, do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta, previsto polo artigo 145 da LSG.

Á vista de canto antecede,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos pertencentes a propietarios non incorporados á Xunta de Compensación do Polígono M-8, M-9 e M-10 do Plan parcial Cor

deda 2ª fase no Concello de Culleredo, facendo constar que a aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146.1º da LSG.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146.2º da LSG).

Segundo.-Notifica-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta dirección xeral a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da LSG, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da LSG).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a relación dos seguintes bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

Nº predio

Propietarios

Superficie

m

Valoración

ptas.

A-1 Piso baixo

Predio 3

Delia María Ferrio Lago19,203.788.094

A-2 Piso 1º

Predio 3

Manuel Lodeiro García e María Silveira Raña16,804.251.648

A-3 Piso 2º

Predio 3

José Río Guillín e Emilia Calvo García16,804.251.648

A-4 Piso 3º

Predio 3

Eliseo García Martínez e Virtudes Castro García16,804.791.978

A-5 Piso 5º

Predio 3

Luis Enrique Pampín Raso e Mª José Saavedra Santomas16,804.750.398

A-6 Piso faiado

Predio 3

Jesús Gesto Cancela e Carmen Suárez Cancela16,804.539.103

B-1

Predio 76

Esperanza Varela Vázquez671,395.950.356

B-2

Predio 77

Francisco Espiñeira Mejuto1.854,8216.646.702

B-4

Predio 100

Descoñecido1.273,5511.264.082

Ben arrendado

Arrendatarios

Valoración

ptas.

Piso baixo da casa nº 52. Predio 3María Elena Cebrián Martínez1.920.828

Piso 2º da casa nº 52. Predio 3Mercedes Riveiro Seijas429.828

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, segundo o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA). Así mesmo, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partires do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116, 117 e 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso

contencioso-administrativo (artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

No suposto de que o interesado sexa unha Administración pública, no lugar do recurso de reposición poderá dirixir ó órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 da LXCA.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2000.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo