Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada a feiras e mercados: F-2089; XG-178, de Taragoña a Padrón e Santiago de Compostela.

O acordo directivo do 25 de xaneiro de 1999 autorizou a transmisión da concesión de referencia a

favor da empresa Autocares Muiños, S.L., por cesión do seu anterior titular Manuel Gómez Pérez.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes