Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.935

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Nestlé España, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Nestlé España, S.A., con nº de código 3601172, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-5-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data 5-5-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 16 de maio de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

Ámbalas representacións están conformes en que o obxecto fundamental que se persegue coa formalización deste convenio colectivo é o de mellora-las condicións de vida dos traballadores e incrementa-la productividade.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo regulará, a partir da data da súa entrada en vigor, as relacións laborais entre a empresa Nestlé España, S.A. e o persoal do seu cadro de persoal, coas excepcións que se detallan no artigo 4º.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

Este convenio colectivo será de aplicación ó centro de traballo de Pontecesures.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

Rexerase por este convenio colectivo o persoal que preste servicio no centro de traballo a que se refire o artigo anterior, coas excepcións seguintes:

a) Os cargos de alta dirección, goberno e consello.

b) As persoas ás que se lles encomendase algún servicio sen suxeición a xornada e que non figuran no cadro de persoal da empresa.

c) Os pertencentes ós grupos técnicos, administrativos e subalternos no relativo exclusivamente a retribucións do capítulo V, por canto seguen un sistema de determinación salarial diferente.

Artigo 5º.-Ámbito temporal.

1. Calquera que sexa a data da súa aprobación e publicación no BOP, o presente convenio colectivo entrará en vigor o día primeiro de xaneiro de dous mil vencendo o trinta e un de decembro do seguinte ano 2001, salvo no referente ás retribucións do capítulo V, e os conceptos económicos do capítulo VII que rexerán ata o 31 de decembro de 2000, polo que volverán a negociarse para o ano 2001.

2. O convenio colectivo entenderase prorrogado tacitamente por períodos anuais, salvo que algunha das partes o denunciase cunha antelación mínima de tres meses á data do seu vencemento ou á de calquera das súas prórrogas na forma regulamentaria.

Artigo 6º.-Rescisión e revisión.

1. O escrito de denuncia incluirá certificado do acordo adoptado pola representación social ou económica, razoando as causas determinantes da rescisión ou revisión e incluíndo, en caso de revisión, o proxecto dos puntos que hai que modificar.

2. En ámbolos casos, o convenio colectivo entenderase prorrogado ata que se concluíse un novo acordo ou fose dictada disposición específica pola autoridade competente.

Capítulo II

Compensación, absorción e garantía persoal

Artigo 7º.-Consideración global.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e, para efectos da súa aplicación práctica, deben considerarse globalmente.

Artigo 8º.-Compensación.

As condicións pactadas neste convenio colectivo son compensables en cómputo anual coas que anteriormente rexesen por melloras concedidas pola empresa, imperativo legal ou pacto de calquera clase.

Artigo 9º.-Absorción.

As disposicións futuras de calquera clase que impliquen variación en calquera das cláusulas deste convenio colectivo unicamente terán eficacia se consideradas no seu conxunto superan as aquí pactadas en cómputo anual, sendo absorbibles en todo caso.

Artigo 10º.-Garantía persoal.

Ningún traballador poderá resultar lesionado na súa retribución global pola aplicación das cláusulas deste convenio colectivo.

Capítulo III

Comision paritaria

Artigo 11º.-Composición.

Para a interpretación deste convenio colectivo constitúese a seguinte comisión paritaria:

Presidente: o que designe o delegado provincial da Consellería de Traballo e Servicios Sociais.

2 membros por parte dos traballadores.

2 membros por parte da empresa.

En ámbolos casos, nomearanse de entre os compoñentes da comisión negociadora.

Secretario: o que nomeen ámbalas partes.

Artigo 12º.-Funcións.

Ámbalas partes asinantes conveñen en lle dar coñecemento á citada comisión paritaria de cantos detalles, discrepancias e conflictos puidesen producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio colectivo, para que esta emita o seu dictame previo á formulación de tales casos ante as xurisdiccións correspondentes.

Capítulo IV

Organización do traballo

Artigo 13º.-Organización técnica e práctica.

1. De acordo coas facultades e atribucións que segundo a lexislación vigente lle corresponden á dirección da empresa na organización técnica e práctica do traballo, esta poderá adopta-los sistemas de organización, racionalización, mecanización e modernización que considera oportunos, creando, modificando ou suprimindo servicios, postos de traballo ou funcións, así como a estructura e contido deles.

2. Tamén lle corresponde á dirección da empresa combinar e cambia-los postos de traballo, establecer e modificar quendas, adoptar novos métodos de traballo, utilización de máquinas e motorización de funcións, etc., de maneira que os resultados desta mecanización e progreso técnico na organización industrial se concreten nunha maior productividade, na que están así mesmo interesados os traballadores.

3. Cando os cambios afecten substancialmente e de forma permanente ás condicións de traballo dun servicio, deberá informarse previamente o comité de empresa para que poida emiti-la súa opinión sobre eles e efectua-las suxestións que estime oportunas.

4. A dirección aspira a que cada posto de traballo sexa ocupado polo productor idóneo polas súas calidades técnicas, profesionais e humanas; para tal fin establécese para o persoal a obriga de someterse ás probas físicas e intelectuais e cambios de postos de traballo que se estimen oportunos.

5. Cando a empresa teña necesidade de cambiar operarios dun posto a outro, observaranse, pola orde que se citan, as circunstancias seguintes:

1º Eficiencia persoal.

2º Antigüidade.

3º Comportamento.

4º Categoría laboral.

Artigo 14º.-Valoración de postos de traballo.

1. A empresa, co fin de establecer unha remuneración o máis xusta e estimulante posible, procedeu a unha valoración real de tódolos postos de traballo ocupados por persoal obreiro.

2. Este sistema de valoración de postos de traballo é o utilizado internacionalmente, adaptado ás peculiaridades da nosa industria.

3. Os traballadores, coñecedores da mellora que supón o sistema de valoración de postos de traballo, en canto a unha retribución xusta se refire, aceptan a dita valoración.

Artigo 15º.-Procedemento.

A valoración será realizada por un experto designado pola empresa, coa presencia de dous membros do comité de empresa designados polo dito órgano.

Artigo 16º.-Revisión das valoraciones.

Considéranse motivos de revisión dun posto de traballo, xa valorado, os casos en que concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Mecanización do posto de traballo.

b) Cambio de método operativo.

c) Modificación substancial das condicións que inflúen no coeficiente de descanso ou fatiga.

d) Variación das condicións ambientais.

Artigo 17º.-Cambios de postos de traballo.

1. Cando un traballador realice, durante unha ou más xornadas completas, traballos superiores ás funcións que habitualmente ten asignadas, aboaráselle sempre os traballos superiores.

2. Cando por necesidades da empresa o traballador realice funcións de nivel inferior ó que habitualmente ten asignado, aboarase o nivel considerado como habitual.

3. No caso de que a petición de traballo de nivel inferior sexa cursado polo propio traballador, aboaráselle o nivel inferior solicitado.

4. O traballador que realice traballos de nivel superior ó que habitualmente ten asignado, durante un período superior a seis meses nun ano ou oito durante dous anos, asignaráselle o nivel superior, salvo cando se trate de cubrir ausencias con reserva do posto de traballo.

Capítulo V

Retribucións

Artigo 18º.-Salarios.

1. As retribucións aboaranse de acordo coa táboa de niveis salariais que se fixan no anexo I, nos cales se consideran incluídos tódolos conceptos legais e complementarios.

2. O salario aboarase en doce mensualidades a razón de trinta días cada unha, entendéndose para efectos retributivos que o ano consta de trescentos sesenta días.

3. A empresa realizará o pagamento por banco para tódolos seus traballadores.

4. Tódolos importes aboables ós traballadores que figuran neste convenio colectivo entenderanse brutos.

Artigo 19º.-Antigüidade.

Os aumentos periódicos por anos de servicio serán, sen distinción de categorías, a razón de 3.694 pesetas por cuadrienio en cada unha das doce mensualidades e tres gratificacións extraordinarias.

Artigo 20º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Fíxanse tres gratificacións de trinta días de salario más antigüidade para cada unha delas, denominadas xullo, Nadal e beneficios, respectivamente.

2. As citadas gratificacións aboaranse, respectivamente, nos meses de xuño, novembro e xaneiro de cada ano.

3. Fíxase unha gratificación denominada de abril, que se percibirá no dito mes, correspondente ó 4,5% do total anual fixado nas táboas salariais a que fai referencia o artigo 18. A mencionada gratificación está incluída no cómputo do total anual citado.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

1. Cando para a boa marcha da producción se faga necesario que o persoal realice horas extraordinarias, estas aboaranse, estipulando pacto expreso ó respecto, de acordo coa táboa fixada no anexo II; no seu valor están comprendidos tódolos conceptos legais e recargas correspondentes.

2. As horas extraordinarias que se consideran estructurais realízanse polos seguintes conceptos:

a) Mantemento.

b) Períodos punta de producción.

c) Ausencias imprevistas.

d) Cambios de quenda.

Polo cal quedarán exceptuadas do incremento de cotización adicional á Seguridade Social establecido no Real decreto 1858/1981, do 20 de agosto.

3. Cando coincidan más de dous días inhábiles consecutivos (sábados que non se traballan, domingos e festivos), segundo o calendario laboral, e se faga necesario procesa-lo leite, será obrigatorio realiza-las horas extraordinarias que se precisen para estas operacións, cando non haxa persoal que voluntariamente desexe realizalas.

Artigo 22º.-Complemento de nocturnidade.

1. O persoal que traballa entre as vintedúas e as seis horas percibirá un complemento por traballo nocturno que se fixa en 2.136 pesetas por xornada completa.

2. Se se traballase catro horas ou menos da dita xornada, este complemento reducirase a 1.265 pesetas.

3. Nestes importes están comprendidos tódolos conceptos legais e recargas correspondentes.

4. Cando o traballo que se realice entre as ditas horas sexa continuación da xornada, só se terá derei

to a este complemento cando o tempo nocturno sexa dunha hora ou máis.

Artigo 23º.-Complemento dominical.

1. Os traballadores que tivesen que traballar en domingos ou festivos oficiais e non tivesen descanso na semana seguinte, no caso de domingos, ou nas tres semanas seguintes, no caso de festivos, percibirán as horas traballadas nos ditos días ó importe fixado no artigo 21º.

2. Nos supostos previstos no parágrafo anterior, o traballador percibirá, ademais, unha prima dominical de 4.500 pesetas.

3. Se se traballasen catro horas ou menos da dita xornada, este complemento reducirase a 2.250 pesetas.

Capítulo VI

Xornada, vacacións e licencias

Artigo 24º.-Xornada.

A xornada ordinaria de traballo será de 1.792 horas anuais.

Artigo 25º.-Vacacións.

1. O persoal fixo terá dereito a unha vacación anual de trinta días naturais.

2. Os traballadores maiores de 50 anos terán dereito ós seguintes días adicionais de vacacións:

50 anos: 1 día laborable.

53 anos: 2 días laborables.

56 anos: 3 días laborables.

59 anos: 4 días laborables.

60 anos: 5 días laborables.

3. As vacacións do persoal eventual rexeranse polo disposto nas disposicións legais.

4. O persoal fixo de cadro de persoal desfrutará das súas vacacións no período comprendido entre o 1º de abril e o 31 de outubro, de cada ano.

Artigo 26º.-Licencias.

A empresa concederalles ós seus traballadores licencia con retribución nos casos e polo número de días seguintes:

a) Matrimonio do traballador: 15 días naturais.

b) Parto esposa: 3 días naturais.

c) Falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe, pais e fillos: 3 días naturais.

d) Falecemento ou enfermidade grave de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días naturais.

e) Traslado do domicilio habitual: 1 día natural.

f) Cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal: o tempo indispensable.

g) Voda dun fillo, se non se celebra nun día festivo: 1 día natural.

Nos supostos b), c) e d), cando pola dita razón debe realizarse un desprazamento de más de 200 km poderán concederse ata dous días naturais adicionais.

Capítulo VII

Prestacións sociais

Artigo 27º.-Axuda durante o servicio militar.

Durante o tempo que dure o servicio militar, o traballador fixo percibirá mensualmente a cantidade de 24.200 pesetas brutas, en dez meses do ano e nos meses de xuño e decembro percibirá as gratificacións de xullo e Nadal correspondentes.

Artigo 28º.-Axuda por xubilación, invalidez permanente ou falecemento.

1. No momento da súa xubilación ós sesenta e cinco anos, a empresa aboaralle ó seu persoal a cantidade de 16.100 pesetas netas por ano de servicio, cun mínimo de 241.500 pesetas netas.

2. Este mesmo importe aboaráselle ó persoal que se xubile anticipadamente ou pase á situación de invalidez permanente ó causar baixa definitiva na empresa ou ó cónxuxe do traballador que faleza. Nestes casos, os anos de servicio computaranse como se permanecese en activo ata cumpri-los sesenta e cinco anos de idade.

Artigo 29º.-Lactacións gratuítas.

A empresa continuará concedéndolles ós fillos dos seus traballadores, durante o primeiro ano de vida, lactación gratuíta dos seus productos, doando o número de botes que de cada producto destinado á lactación artificial figura nos esquemas establecidos para tal fin.

Calquera caso de alimentación especial quedará a resultas do informe médico á dirección.

Artigo 30º.-Axuda gardería.

1. A empresa aboaralle ó persoal fixo feminino, con fillos menores de catro anos ó seu coidado, a cantidade de 10.400 pesetas brutas mensuais, durante once meses do ano. Esta axuda aboarase exclusivamente cando estea en situación de alta, así como nas de baixa por enfermidade ou accidente.

2. Terá tamén dereito a esta axuda, nas mesmas condicións, o persoal fixo masculino, viúvo ou separado legalmente, con fillos menores de catro anos ó seu coidado.

Artigo 31º.-Axudas por minusvalidez.

A empresa aboaralle a cantidade de 19.600 pesetas brutas mensuais ó traballador con fillos ou familiares subnormais que estean ó seu cargo. Para a percepción desta axuda será indispensable que a situación do subnormal fose recoñecida pola Seguridade Social e veña obtendo as prestacións que esta concede.

Artigo 32º.-Obsequio de nupcialidade.

A empresa obsequiará o seu persoal, con motivo da celebración do seu matrimonio, coa cantidade de 24.200 pesetas brutas.

Artigo 33º.-Obsequio de natalidade.

A empresa obsequiará o seu persoal, con motivo do nacemento de cada fillo, coa cantidade de 15.550 pesetas brutas.

Artigo 34º.-Obsequio de Nadal.

A empresa continuaralle entregando ó seu persoal o obsequio habitual denominado de Nadal.

Artigo 35º.-Obsequio de Reis.

A empresa obsequiará o seu persoal, por cada fillo comprendido entre as idades dun a doce anos, con motivo da festividade de Reis, coa cantidade de 5.350 pesetas brutas.

Artigo 36º.-Obsequio por anos de servicio.

1. A empresa obsequiará o seu persoal que cumpra 25, 40 ou 50 anos de servicio na seguinte forma:

25 anos: 136.600 pesetas.

40 anos: 194.400 pesetas.

50 anos: 252.500 pesetas.

2. Nestas celebracións serán tamén obsequiados cun reloxo e un diploma.

Artigo 37º.-Mellora das prestacións por incapacidade laboral transitoria.

1. Cando o traballador estea en situación de incapacidade temporal derivada de enfermidade ou accidente, terá dereito ós seguintes complementos:

1. Nos casos de accidente de traballo, a empresa aboaralle o complemento necesario para que, xuntamente coa prestación económica da Seguridade Social, o traballador perciba a totalidade do seu salario neto desde o primeiro día da incapacidade temporal e mentres permaneza de alta na empresa e por un período máximo de 18 meses.

2. Nos casos de enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa aboará os complementos necesarios para que, xunto coa prestación económica da Seguridade Social, o traballador perciba, mentres permaneza de alta na empresa e por un período máximo de 18 meses:

O 60% do salario neto durante os tres primeiros días de baixa.

O 80% do salario neto desde o cuarto ó vixésimo día de baixa.

O 100% do salario neto desde o vixésimo primeiro día de baixa.

2. A empresa terá a facultade de comprobar en cada caso a veracidade da situación de enfermidade, recoñecendo os traballadores cando o considere conveniente. Do informe facultativo emitido polo recoñecemento dependerá o aboamento destes complementos, sen prexuízo das sancións que puidesen corresponder.

Artigo 38º.-Roupa de traballo.

Ó persoal da empresa facilitaráselle a roupa de traballo adecuadas ós postos de traballo que ocupen.

Artigo 39º.-Transporte escolar.

A empresa comprométese a manter, nas mesmas condicións que actualmente se vén prestando, o desfrute do transporte escolar ata a cidade de Santiago de Compostela.

Artigo 40º.-Ascensos.

Sendo comprensible que a evolución técnica, de mando, etc., na industria cada día presenta novas facetas e necesidades, acórdase que as vacantes que se produzan nas categorías de contramestres, encargados e capataz, sexan designadas pola empresa entre o persoal do seu cadro, se reúnen as condicións necesarias e iso logo de concurso-oposición; en caso contrario serán nomeadas libremente pola empresa con persoal alleo a ela.

Capítulo VIII

Artigo 41º.-Contraprestación.

Os traballadores, en compensación ás vantaxes económicas e sociais dimanantes do presente convenio colectivo, comprométense a seguir cumprindo o seu cometido coa maior disciplina, óptima dilixencia e lealdade á empresa.

Artigo 42º.-Lexislación subsidiaria.

Para os conceptos non tratados no presente convenio colectivo, haberá que se ater ó disposto no Estatuto dos trabajadores e demais disposicións de carácter xeral vixentes.

Artigo 43º.-Vinculación á totalidade.

1. Ámbalas partes establecen que as condicións pactadas no presente convenio colectivo forman un todo orgánico e indivisible, acordando formalmente que as súas respectivas vinculacións ó convido teñen o carácter de compromiso para a totalidade das cláusulas pactadas.

2. Por tanto, se a autoridade laboral non aprobara algunha norma do mesmo e, con iso, a xuízo de calquera das partes, se desvirtuase o seu contido, será ineficaz na súa totalidade e examinado de novo pola comisión negociadora, polo que o convenio non entraría en vigor ata que non se adoptasen novos acordos de modificación ou rectificación.

Artigo 44º.-Disposición derradeira.

De conformidade co legalmente establecido, sinálase que o presente convenio colectivo foi negociado polas partes que a continuación se detallan:

En representacion dos traballadores por:

Elena Pequeño Antela.

Mª Carmen González Pérez.

Ramón Calvo Fernández.

Francisco Enrique Souto.

Ramón Cheda Framil.

Luis Alberto Sánchez García.

José Carlos Caamaño Vázquez.

Arturo Ferro González.

Leonardo Cobas Pena.

E en representacion da empresa por:

Ángel Andrés Abel Souto.

José Manuel Carregal Diéguez.

A comisión deliberadora, por unanimidade, aproba as condicións pactadas neste convenio colectivo e, en proba do acordo alcanzado, tódolos seus compoñentes, dando por terminadas as negociacións, asinan o presente documento en Pontecesures, o cinco de maio de dous mil.

ANEXO I

Fábrica de Pontecesures

Táboa salarial ó 1-1-2000

NivelSalario

base

Compl.

Comp.

Total díaTotal mesTotal salario

anual

Total 3 Gratif.

Extraord.

Gratif. abrilTotal anual

13.1991.9415.140154.2001.850.400462.600108.9902.421.990
23.1992.0475.246157.3801.888.560472.140111.2382.471.938
33.1992.1475.346160.3801.924.560481.140113.3582.519.058
43.1992.2555.454163.6201.963.440490.860115.6482.569.948
53.1992.3565.555166.6501.999.800499.950117.7902.617.540
63.1992.4585.657169.7102.036.520509.130119.9532.665.603
73.1992.5605.759172.7702.073.240518.310122.1152.713.665
83.1992.6635.862175.8602.110.320527.580124.2992.762.199
93.1992.7695.968179.0402.148.480537.120126.5472.812.147
103.1992.8686.067182.0102.184.120546.030128.6462.858.796
113.1992.9716.170185.1002.221.200555.300130.8302.907.330

ANEXO II

Fábrica de Pontecesures

Táboa horas extraordinarias

NivelValor

11.520
21.552
31.582
41.614
51.643
61.674
71.705
81.734
91.766
101.795
111.825