Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.923

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se establecen os horarios e a exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos, das probas para a obtención do certificado CE de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril.

Este tribunal

RESOLVEU:

Primeiro.-Anuncia-la exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos, de conformi

dade coa base quinta punto 2 da Resolución do 17 de febreiro de 2000 (DOG nº 48, do 9 de marzo), nos organismos seguintes: servicios centrais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, servicios provinciais de Transportes e nas delegacións provinciais de dita consellería.

Segundo.-Establécese o horario das probas do seguinte modo:

Data: 28 de outubro de 2000.

Lugar: Palacio de Congresos de Galicia. Avda. San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

As portas de entrada á sala onde se realizarán os exercicios abriranse 30 minutos antes de cada un deles procedéndose ó seu peche e comezo deles á hora indicada.

Modalidade por estradaModalidade por ferrocarril

Aspirantes a tódalas clases: 11.30 hAspirantes a tódalas clases: 16.30 h

Clase 1: 13.30 hClase 1: -

Clase 2: 9.30 hClase 2: 11.30 h

Clase 7: 11.30 hClase 7: -

Clase 3 e máis: 16.30 hClase 3 e máis: -

Mat. Liq. nº 1202-1203 e 1223: 18.30 h Mat. Liq. nº 1202-1203 e 1223: 9,30 h

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes