Examinado o expediente instruído por instancia de centro privado La Salle de Santiago de Compostela, no que se solicita autorización definitiva para impartir bacharelato da modalidade de tecnoloxía.
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (Diario Oficial de Galicia do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia, do 15 de decembro) que o desenvolve.
Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-lo centro privado La Salle de Santiago de Compostela, para imparti-lo bacharelato da modalidade de tecnoloxía, segundo se especifica no anexo desta orde.
Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.
Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.
Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117
da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2000.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: Santiago de Compostela.
Localidade: Santiago de Compostela.
Enderezo: r/ San Roque, nº 6.
Código do centro: 15015603.
Denominación específica: La Salle.
Titular: Hermanos de las Escuelas Cristianas.
Ensinanzas que se autorizan:
Bacharelato da modalidade de tecnoloxía.
Composición resultante:
a) Centro de educación infantil: 8 unidades.
b) Centro de educación primaria: 18 unidades.
c) Centro de educación secundaria:-16 unidades de educación secundaria obrigatoria.-12 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.