Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.923

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño 2000, complementaria da do 3 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 12 de maio), pola que se conceden as axudas para organización de congresos científicos que van ter lugar en Galicia, convocadas no anexo VI da Orde do 29 de decembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 31 de xaneiro de 2000), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes á promoción xeral da investigación e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 29 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes á promoción xeral da investigación e se procede á súa convocatoria, prevé no anexo VI a concesión de axudas para a organización de congresos científicos que van ter lugar en Galicia.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Investigación, creada por Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro) e orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 21 de abril de 1998 (DOG do 12 de maio) modificada pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do

26 de abril de 1999 (DOG do 5 de maio) esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles axudas ás persoas que se relacionan no anexo á presente resolución para a realización dos eventos que se indican en cada caso.

Segundo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 29 de decembro de 1999 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Terceiro.-Os pagamentos faranse conforme o establecido no punto 6 das correspondentes bases.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compsotela, 15 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 29-12-1999, DOG do 31-1-2000)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO

RELACIÓN DE AXUDAS PARA ORGANIZACIÓN DE CONGRESOS, SIMPOSIOS OU SEMINARIOS QUE SE VAN A CELEBRAR EN GALICIA

SOLICITANTE

TÍTULO

ORGANISMO/ENTIDADE

AXUDA

EN PTAS.

BARREIRO BARREIRO, JOSE LUISEUROPA: MITO E RAZONUNIV. SANTIAGO DE C.112.500
CABALLERO RUA, ARMANDOXIII SEMINARIO DE XENETICA DE POBLACIONS E EVOLUCIONUNIV. VIGO112.500
DE RON PEDREIRA, ANTONIO M.I SEMINARIO DE MELLORA XENETICA VEXETAL DA SOCIEDADE ESPAÑOLA DE XENETICAUNIV. SANTIAGO DE C.210.000
LEDO ANDION, MARGARITAGALICIA-FINLANDIA: MODOS DE PENSARUNIV. SANTIAGO DE C.120.000
MARTINEZ HERMIDA, MARCELO ANTONIOIII XORNADAS DE COMUNICACIÓN E CULTURA CONTEMPORANEOS «SEMINARIO EUROPEO DE PROGRAMACION EN RADIO E TELEVISION»UNIV. SANTIAGO DE C.120.000
TORTAJADA BONASELT, IGNACIOXI REUNION DA ASOCIACION GALEGA DE PSIQUIATRIASERGAS97.500
VAZQUEZ GARCIA, CELIAPRIMEIRO CONGRESO DE LITERATURA E HUMORUNIV. VIGO112.500
VIDAL VAZQUEZ, OVIDIOXIII CONGRESO DA SOCIEDADE GALEGA DE ENDOCRINOLOXIA, NUTRICION E METABOLISMOSERGAS105.000