Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1100/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 8 de xuño do ano 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Someter a información pública o proxecto de compensación do polígono 2 área de reparto 2 do SU-32 do PXOU de Ourense, aprobado inicialmente pola xunta de compensación en sesión celebrada o día 26 de abril do 2000.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente, a exposición publica polo prazo de vinte días que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achegalas alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 de Lei 30/1992 do 26 de novembro.

Ourense, 15 de xuño de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde