Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTE CALDELAS

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de urbanización da nova vía e parque público entre o paseo Manuel Cordo Boullosa e a rúa González Besada de Ponte Caldelas.

Por decreto da Alcaldía, do 8 de xuño do ano 2000, prestouse aprobación inicial ó proxecto de urbanización da nova vía e parque público entre o paseo

Manuel Cordo Boullosa e a rúa González Besada de Ponte Caldelas, conforme o proxecto presentado por Promociones Caldelas, S.L. e redactado pola arquitecta Teresa Táboas Veleiro.

O que se fai público para xeral coñecemento, facendo constar que o expediente estará exposto ó público nas oficinas municipais de secretaría polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde a última publicación, podendo os interesados examinalo e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.

Ponte Caldelas, 8 de xuño de 2000.

Fidel Rodríguez Toubes

Alcalde