Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (referencia 1205).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 18 de maio de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Inicia-lo expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados para a execución do proxecto de construcción de enlace entre as rúas Ponte Pelamios e Ponte Codesal, polo procedemento de taxación conxunta.

2. Expoñer ó público o expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados para a execución do proxecto de construcción de enlace entre as rúas Ponte Pelamios e Ponte Codesal mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, por espacio dun mes, para os que poidan resultar interesados

formulen as observacións ou reclamacións que consideren convenientes, en particular sobre o que concirne á titularidade e valoración dos seus respectivos dereitos.

3. Notificarlles individualmente ós que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formula-las alegacións no prazo dun mes.

Ourense, 24 de maio de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

Relación de propietarios afectados

Nº predioPropietarioPrezo xusto

A1José López Fernández e outros1.460.768
A2Irmáns Vázquez Conde1.504.913
A3Alfonso López Fernández e outro4.554.869