Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía 1267/2000, do 9 de maio de 2000 aprobouse inicialmente o proxecto de delimitación da unidade de actuación número 3 de

San Lázaro, que é o comprendido nos seguintes lindeiros:

Norte: praza de San Lázaro, rúa de novo trazado que separa a unidade de actuación número 4 e unidade de actuación número 5.

Sur: unidade de actuación número 2, terreo adxacente ó campo de fútbol e unidade de actuación número 6.

Leste: unidade de actuación número 4, unidade de actuación número 5 e praza.

Oeste: unidade de actuación número 2, capela e praza de San Lázaro.

O que se presenta a información pública polo prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio co fin de que as persoas interesadas poidan consulta-lo expediente e formula-las alegacións que estimen oportunas. Todo iso en cumprimento dos artigos 121 e 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Noia, 11 de maio de 2000.

Rafael García Guerrero

Alcalde-presidente