Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno da Corporación, en sesión do día 18 de maio de 2000, aprobouse o expediente administrativo para contratar mediante concurso por procedemento aberto as obras de rehabilitación do edificio da Sociedade de Obreiros de Mondoñedo para a Casa da Xuventude.

A través do presente anuncio convócase licitación conforme as seguintes condicións.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mondoñedo.

2. Tramitación: ordinaria, mediante concurso por procedemento aberto.

3. Orzamento: 60.000.000 de ptas.

4. Garantía provisional: 2% do prezo da licitación.

5. Prazo de execución: 11 meses.

6. Clasificación: C, d.

7. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do Concello de Mondoñedo, praza do Concello, nº 1 27740 Mondoñedo (Lugo), de 9 a 14 horas, no prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP e no DOG.

8. O prego que rexerá o concurso exponse en secretaría polo prazo de oito días hábiles contados desde o da última publicación deste anuncio para efectos de exame e reclamacións, aprazándose a licitación cando resulte necesario.

Mondoñedo, 31 de maio de 2000.

Luis Rego Valcalde

Alcalde