Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LEIRO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno na data do 14 de xuño de 2000, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia do servicio de explotación, mantemento e conservación da EDAR de Leiro. Exponse ó público durante o prazo de oito días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP e DOG para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben, a licitación se aprazará de presetarse reclamacións contra o prego de cláusulas particulares.

1. Obxecto do contrato: servico de explotación, mantemento e conservación da EDAR de Leiro, por un ano, prorrogable anualmente ata un máximo de catro.

2. Orzamento: 3.240.000 pesetas, co IVE incluído.

3. Entidade adxudicadora: Concello de Leiro.

4. Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

5. Enderezo: rúa Gabino Bugallal, nº 39. Teléfono: 988 48 80 00, 988 48 80 83.

6. Prazo: un ano, prorrogable anualmente ata un máximo de catro.

7. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

8. Garantías.

a) Provisional para participar no concurso: 64.800.

b) Definitiva: catro por cento do orzamento do contrato.

9. Obtención de documentación e información: nas oficinas do Concello de Leiro, tódolos días de 9 a 14 horas.

10. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data e lugar de presentación das proposicións: no rexistro xeral deste concello, en sobre pechado conforme se establece no artigo 7 do prego de cláusulas administrativas particulares no prazo de trece días naturais seguintes o da última publicación do anuncio de licitación no BOP e DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación:os recollidos no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Apertura de proposicións: terá lugar na casa do concello ás 13 horas do quinto día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións, e se este fora sábado, o primeiro día hábil seguinte.

13. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Leiro, 15 de xuño de 2000.

Francisco José Fernández Pérez

Alcalde