Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUNTÍN DE PALLARES

INFORMACIÓN pública.

Aprobado inicialmente o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá na contratación que se menciona neste edicto, faise público que poderán ser obxecto de exame e reclamacións, na secretaría deste concello, durante o período de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, de conformidade co establecido no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Igualmente, e coa excepción do disposto no artigo 122.2º do 781/1986, anúnciase a contratación dos traballos de construcción do centro socio cultural, xuvenil e da terceira idade no concello de Guntín.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Guntin.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato: realización por procedemento aberto (mediante a forma de concurso) de acordo con proxecto técnico e desgregación deste, anualidade 2000, redactado polo arquitecto Marcos Parga Prado.

3. Prazo de execución final: prazo máximo de 5 meses a partir do día seguinte ó da acta de comprobación e replanteo do planeamento, que terá lugar dentro dos dez día seguintes ó da formalización do contrato.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

-Tramitación: ordinaria.

-Procedemento: aberto.

-Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 32.000.000 de pesetas.

6. Garantías.

-Provisional: 2% (dous por cento do tipo de licitación, que supón 640.000 pesetas).

-Definitiva:4% (catro por cento da adxudicación).

7. Obtención da documentación e información.

-Entidade: Concello de Guntín, estrada de Santiago, nº 12. C.P. 27211. Teléfono: 982 32 00 01, Fax: 982 32 00 88.

-Data límite de obtención da información: día hábil anterior ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación esixida: Grupo C, Subgrupo C3.

-Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas.

9. Presentación de ofertas.

-Data límite: 26 (vinteseis) días naturais desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, ou BOP. Se o último fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

9.1. Documentación que se presentará: a que sinala o prego de condicións.

9.2. Lugar de presentaicón: Concello de Guntín (rexisto xeral, das 10 ás 14 horas).

Admítense as propostas presentadas por correo, dentro do mesmo prazo, pero o empresario, deberá xustifica-la data da imposición do envío na oficina de correos, anunciándolle o concello a remisión de oferta mediante fax, télex, ou telegrama, no mesmo prazo.

Igualmente serán admitidas aquelas que o efectúen nos organismos regulamentariamente establecidos para o efecto, debendo, en todo caso, notificalo na forma sinalada anteriormente.

-Datos de lugar de presentación: figuran no número 7.

-Prazo no que o licitador estará obligado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

9.3. Apertrua de documentación: 3º día hábil (agás sábados) seguinte ó de remate do prazo de presentación, ás 12 horas, pola mesa de contratación na sede do concello.

10. Outras informacións: sede do concello (secretaría).

11. Gastos dos anuncios: adxudicatario.

Guntín de Pallares, 2 de maio de 2000.

Jesús Carreira Ferreiro

Alcalde