Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-2/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 9 de xuño de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da praza axardinada situada no interior do rueiro delimitado polas rúas Posse, Alcalde Marchesi e Río Monelos e avenida de General Sanjurjo, presentada por Arcaci, S.A. A praza ten carácter privado, polo que o mantemento desta será por conta dos propietarios.

2. Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na avenida da Mariña, 18, Servicio de Urbanismo, Oficina de Planeamento, en horario laboral de 11.30 a 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación deste anuncio aboaranse por Arcaci, S.A.

A Coruña, 14 de xuño de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo