Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORDES

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno na sesión do 14 de xuño de 2000 aprobou inicialmente o proxecto de urbanización, promovido por Anastasia Pisonero Ramos, da rúa situada no cuarterón comprendido entre a rúa Xeneral Mola, rúa do Camposanto e rúa da Feira, polo que se somete a información pública polo prazo dun mes, segundo establece o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, durante o que se poderá examinar na secretaría do concello para formula-las alegacións que consideren pertinentes.

Quedan suspendidas por un ano as licencias de parcelación de terreos, edificacións e demolicións no ámbito territorial comprendido nas áreas do mencionado plan, por supoñe-las novas determinacións modificación do réxime urbanístico vixente. A suspensión extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan.

Ordes, 14 de xuño de 2000.

Teodosio Martino Martino

Alcalde