Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fixa a data na que se procederá ó levantamento das actas de ocupación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número 1 do parque empresarial de Ribadavia.

Na tramitación do expediente expropiatorio de referencia, o pasado 29 de maio de 2000 tivo lugar o pagamento ou, se é o caso, deuse a orde de consigna-los importes correspondentes ós prezos xustos perante a Delegación Provincial en Ourense a Consellería de Economía e Facenda.

Na súa virtude, acórdase que o Instituto Galego da vivenda e Solo procederá ó levantamento das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados ás 10 horas do día 27 de xuño de 2000, no salón de plenos do Concello de Ribadavia, en presencia do alcalde, o secretario do concello e o representante da Administración. O que se efectuará en cumprimento do artigo 39 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións; o artigo 146.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia; o artigo 209 do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto e demais disposicións aplicables da Lei e Regulamento de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 26 de abril de 1957, respectivamente.

Ó devandito acto convócase a:

Predio

número

Titular expropiadoPrezo xusto (pesetas)

28Javier Loeda Vázquez696.313

31Herdeiros de Julia Gómez González177.738

21José Bernárdez Gómez353.116

243Leontina Domínguez Fernández589.051

253Manuel Fernández Deaño1.001.937

304-ADolores Amil Fernández819.946

309Joaquín Fernández Deaño

Antonio Fernández Deaño

2.996.540

312-AJorge Gómez Feijóo809.257

319Sara Cendón Amil1.027.440

319ATeresa López Vázquez836.378

Non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral, xa sexa particular para esta caso, debendo achega-la documentación necesaria para acredita-la sucesión no caso de ser herdeiros, así mesmo os comparecentes deberán identificarse co documento nacional de identidade ou, no seu lugar, polo coñecemento directo que testemuñen o alcalde ou o secretario do concello.

Notifíqueselle-la resolución a tódolos titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, e publíquese o presente acordo no DOG e no taboleiro de edictos do concello. A publicación desta resolución servirá de notificación ós propietarios decoñecidos ós que se ignore o lugar de notificación, ou ben

tentada a notificación non se puidera realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Ourense, 12 de xuño de 2000.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo