Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público 7/2000.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde de 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza; As Xubias de Arriba, 84; 15006-A Coruña.

2. Modalidade de adxudicación elixida: procedemento aberto, concurso.

3. Obxecto do contrato, número CPA.

Concurso público: 7/2000.

Sistemas de columna.

Cantidades: indicadas no modelo de proposición económica achegado na documentación facilitada.

4. Data de adxudicación do contrato: 19-5-2000.

5. Criterios de adxudicación do contrato: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares da subministración.

6. Ofertas recibidas: sete.

7. Nome e enderezo do provedor o provedores.

Lote 1: Comercial Aomedic, S.A.; r/ Vázquez Varela, 37; 36204-Vigo (Pontevedra) (España).

Lote 2: Remeco, S.A.; Avda. do Exército, 50 baixo; 15006-A Coruña (España).

Lote 3: Prim, S.A.; Avda. del Llano Castellano, 43; 28034-Madrid (España).

8. Prezo pagado.

Lote 1: 11.229.360 ptas. (67.489,81 euros).

Lote 2: 24.661.360 ptas. (148.217,76 euros).

Lote 3: 29.776.560 ptas. (178.960,73 euros).

9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación:

10. Outras informacións:

11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial das Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia.

DOCE: 26-2-2000.

BOE: 24-2-2000.

DOG: 22-2-2000.

12. Data de envío do presente anuncio: 31 de maio de 2000.

Data de recepción do presente anuncio:

A Coruña, 19 de maio de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña