Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2000 pola que se fai pública a adxudicación da obra de reparación de fachadas e cubertas dos bloques 1, 2, 3 e 9 e instalación dos contadores de auga nos bloques 3 e 9 do polígono de Elviña, O Birloque, A Coruña. (Expediente C-99/REP 04).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que por resolucións do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foi adxudicado o contrato de referencia polo sistema de concurso aberto á empresa Josybem, S.L., por un importe de 100.435.492 pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2000.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo