Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se convoca concurso público aberto, de tramitación ordinaria, para a contratación dunha asistencia técnica para esta secretaría.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería de Presidencia e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

c) Nº de expediente: 00-04-1249.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización da análise e selección dos sectores económicos e sociais, tradicionais e emerxentes máis relevantes para Galicia, e as súas principais necesidades científico-tecnolóxicas.

b) Prazo de execución: o traballo realizarase en dúas fases, sendo o prazo de execución da cada unha delas o seguinte:

1ª Fase: descrición e análise xeral dos principais sectores económicos e sociais de Galicia, así como unha referencia xenérica das súas principais necesidades científico-tecnolóxicas. Deberá realizarse unha clasificación dos sectores en función das súas necesidades tecnolóxicas e científicas, para o cal se recomenda a clasificación de Pavitt, aínda que poderán propoñerse outras. Esta fase remata o 15 de setembro do ano 2000.

2ª Fase: selección fundamentada dos sectores que presentan un maior potencial de desenvolvemento a través da ciencia e a tecnoloxía (mínimo oito), indicando os criterios da selección. Para cada un dos sectores seleccionados realizarase unha identificación máis detallada das súas necesidades científico-tecnolóxicas. Esta fase remata o 29 de novembro do ano 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: o orzamento máximo autorizado ascende a oito millóns de pesetas (8.000.000 de ptas.).

5. Garantía provisional.

2% do orzamento de licitación (160.000 ptas.).

Obtención de documentación e información: poderán retirala no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7 15706 Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/54 10 88.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en horario de 9 a 14 h, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

Realizarase o décimo primeiro día seguinte ó de remate de presentación de proposicións, ás 12 horas nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento; no caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2000.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento