Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2000 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de asistencia técnica para a realización dunha revisión de control financeiro no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das admi

nistracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: realización dunha revisión de control financeiro do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia polo exercicio 1999/2000.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 71, do 11 de abril de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catorce millóns cincocentas mil pesetas (14.500.000), IVE incluído (87.146,76 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 24 de maio de 2000.

b) Contratista: Price Waterhouse & Coopers, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: catorce millóns trescentas mil pesetas (14.300.000), IVE incluído (85.944,73 euros).

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda