Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se convoca concurso público aberto, de tramitación ordinaria, para a contratación dunha asistencia técnica para esta secretaría.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratacion, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión

c) Nº de expediente: 00-04-1219.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: identificación e clasificación das capacidades dos principais axentes do sistema ciencia-tecnoloxía-empresa, de xeito que se faga un diagnóstico da súa capacidade de resposta real e potencial á demanda dos ditos axentes, así como a detección das áreas susceptibles de mellora.

b) Prazo de execución: o prazo de execución remata o día 30 de novembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: o orzamento máximo autorizado ascende a doce millóns de pesetas (12.000.000 de ptas.).

5. Garantía provisional.

2% do orzamento de licitación (240.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

Poderán retirala no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, 15706-Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/54 10 88.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en horario de 9 a 14 h, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

Realizarase o décimo primeira día seguinte ó do remate de presentación de proposicións ás 12 horas nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento; no caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio, será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2000.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación de Desenvolvemento