Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se convoca concurso público aberto, de tramitación ordinaria, para a contratación plurianual dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica para bolseiros desta secretaría.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

c) Nº de expediente: 00-04-521.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica para bolseiros da Secretaría Xeral de I+D.

b) Prazo de execución: desde o inicio das bolsas ata o 30 de setembro do ano 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: o orzamento máximo autorizado ascende a oito millóns oitocentas trinta e cinco mil pesetas (8.835.000 ptas.) dos que dous millóns seiscentas oitenta e dúas mil pesetas (2.682.000 ptas.) corresponden á anualidade do ano 2000 e seis millóns cento cincuenta e seis mil pesetas (6.156.000 ptas.) á anualidade do ano 2001.

5. Garantía provisoria:

Importe: 176.760 ptas.

Obtención de documentación e información: poderán retirala no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/54 10 88.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Otros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento no horario de 9 a 14 h, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

8. Apertura de ofertas.

Farase o décimo primeiro día seguinte ó de finalización de presentación de proposicións, ás 12 horas nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento; no caso de coincidir en sábado, a pertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2000.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento