Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.891

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉLULA de notificación de sentencia (625/1999).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dos de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 625/1999, seguidos neste Xulgado do Social número dos de Santiago de Compostela, por intancia de Alfonso Camino Porteiro, contra E.C. Marítimo, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, en reclamación de cantidade, se dictou, con data do 18 de maio de 2000, sentencia cunha decisión do teor literal seguinte:

Que, estimando a demanda promovida por Alfonso Camino Porteiro, fronte á empresa E.C. Marítimo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, en reclamación de cantidade, debo condenar e condeno á empresa demandada a lle aboar ó demandante, polos conceptos indicados nesta resolución, a cantidade de cento catro mil catrocentas trinta e seis pesetas (104.436 ptas.), máis un 10% en concepto de xuro anual por mora, en proporción ó período transcorrido desde o 20 de xullo de 1999 ata a data desta resolución, condenando o Fondo de Garantía Salarial a estar e pasar por esta resolución.

E para que lle sirva de notificación de sentencia a E.C. Marítimo, S.L. con domicilio na praza de Vigo, edificio Viacambre, 5º G, hoxe en paradoiro descoñecido, facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso e, verificado, procédase ó arquivo destas actuacións.

E así mesmo, para que conste para efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia en Santiago de Compostela o xoves 25 de maio de 2000.

O secretario xudicial

Rubricado