Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.886

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario do Servicio Galego de Saúde, relativos á baremación da fase de concurso.

O punto 7 da base sexta B) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que realizada polos tribunais a baremación correspondente da fase de concurso, se publicará no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por cada aspirante no epígrafe de experiencia e no de formación, así como a valoración total da fase de concurso para os efectos de que os aspirantes que o consideren oportuno poidan presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación.

Xa que logo, os tribunais das categorías do grupo de xestión da función administrativa, o grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servicios xerais teñen rematada a súa baremación, polo que comisionado este centro directivo para a publicación do dito anuncio,

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las puntuacións obtidas polos aspirantes das devanditas categorías nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas e nos dos seus centros de xestión de atención primaria e especializada, relativas á baremación da fase de concurso, no epígrafe de experiencia e no de formación, así como a súa valoración total, indicando ademais, se é o caso, a puntuación adicional que corresponde ós aspirantes que acceden pola quenda de promoción interna.

Así mesmo, publícase a relación de aspirantes excluídos da fase de baremación polo incumprimento do disposto nas bases segunda e sexta B), puntos 1, 4 e 5, da devandita convocatoria.

Segundo.-Abri-lo prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que os ditos aspirantes poidan presentar, de se-lo caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida a:

División de Recursos Humanos do Sergas.

(Oferta de persoal estatutario/ fase de baremación).

San Lázaro s/n.

15703 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos do Servicio

Galego de Saúde