De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 8 de febreiro de 2000 (BOE do 13 de marzo), para a provisión da praza número 99/010 de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de cirurxía, departamento de Medicina desta universidade, a favor de Juan Antonio Pernas Puente-Penas, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan Antonio Pernas Puente-Penas catedrático de escola universitaria
da área de coñecemento de cirurxía do departamento de Medicina desta universidade.
A coruña, 31 de maio de 2000.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña