Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.885

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 16 de xuño de 2000 pola que se convoca concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para cubrir postos de profesores en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 119, do martes 20 de xuño de 2000, cómpre face-la seguintes correccións:

Na páxina 9.594, onde di: «Segundo.-Poderán participar nesta convocatoria.... Así mesmo poderán, de se-lo caso, participa-los funcionarios pertencentes ó corpo de inspectores ó servicio da Adminis

tración educativa», debe dicir: «Segundo.-Poderán participar nesta convocatoria.... Así mesmo poderán, de se-lo caso, participa-los inspectores de educación e funcionarios pertencentes ó corpo de inspectores ó servicio da Administración educativa».

Na páxina 9.596 no convenio: Cáritas diocesanas de Lugo para o desenvolvemento do programa de educación compensatoria «Preescolar na Casa», onde di: «Prazas: A Coruña: 6, Lugo: 6 (1 equipo TV, 1 coordinador), Ourense: 4...», debe dicir: «Prazas: A Coruña: 6, Lugo: 6 (1 equipo TV, 1 coordinador), Ourense: 5...».

Onde di: «Destinos: Provincia de Ourense: 5. Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verea, Vilardevós», debe dicir: «5. Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós.».

Onde di: «Destinos: Provincia de Pontevedra» debe engadirse: «4. Covelo, A Cañiza, Mondariz, As Neves, Arbo, Crecente, Salvaterra de Miño, Ponteareas.».

No anexo I da citada orde debe engadirse:

Nº do

posto

13Convenio: coordinador de ASPANAES na provincia da Coruña

DestinoProvincia da Coruña: centros en Santiago de Compostela, Culleredo, A Coruña, Ferrol e As Pontes.

Prazas1 para mestres ou profesores de ensino secundario.

FunciónsCoordinador educativo dos centros concertados coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a asociación ASPANAES na provincia da Coruña. Traballo en integración social dos xoves diminuídos. Coordinar actividades axeitadas á súa situación. Realizar e, se é o caso, coordinar tódalas actividades escolares e extraescolares dos centros. Traballo en programas de desenvolvemento integral.

RequisitosExperiencia en educación especial. Coñecemento sobre autismo e experiencia con autistas. Dispoñibilidade de vehículo e carné de conducir.

ObservaciónsHorario adaptado ás necesidades do centro.