Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.869

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Grupo de Empresas Álvarez, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Grupo de Empresas Álvarez, S.A., co nº de código 3600702, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-5-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité intercentros, con data do 28-4-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de maio de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Grupo de Empresas Álvarez, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio é de aplicación a Vidrios Automáticos del Noroeste, S.A. e Grupo de Empresas Álvarez, S.A., nos centros de traballo de Cabral-Cerámica, Pontesa, Moahsa, Povisa e Delegacións.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio regula as condicións laborais dos traballadores que prestan os seus servicios nos centros de traballo determinados no artigo anterior, que actualmente compoñen o seu cadro de persoal, así como o que poida ingresar durante a súa vixencia, quedando exceptuados deste os directivos, entendéndose como tales a partir de xefe de fábrica ou equivalente, e que sexan excluídos expresamente pola dirección da empresa.

Artigo 3º.-Ámbito temporal de denuncia.

Este convenio entrará en vigor o día un de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, e finalizará o trinta e un de decembro do ano dous mil.

Transcorrido o prazo da súa vixencia, se non fose denunciado cun aviso previo de corenta e cinco días naturais de antelación ó seu vencemento, considerarase prorrogado por períodos anuais, nos termos previstos na lexislación vixente.

Artigo 4º.-Cuestións xerais.

A organización do traballo é competencia e responsabilidade da dirección, á que corresponden tódalas facultades recoñecidas no ordenamento xurídico vixente, para ordenala e establecela da forma máis eficaz e tecnicamente adecuada.

A participación dos traballadores na organización do traballo será a derivada da lexislación de carácter xeral e a que especificamente se faga constar neste convenio.

Artigo 5º.-Concepto de prima, asignación e modificación de tempos e rendementos.

a) Concepto de prima.

A prima consiste nunha participación do traballador nos beneficios que se obteñen polo aumento da productividade. A dirección estimulará as melloras de rendemento dos traballadores mantendo, agás acordo das partes, o actual sistema de primas baseado nos seguintes principios:

1. A dirección achega técnica, organización e medios de traballo, e o traballador achega a súa capacidade profesional.

2. A prima constitúe un incremento sobre o salario normal que se deriva necesariamente dun incremento sobre o rendemento que corresponde a unha actividade normal. Calquera que sexa o método empregado para a asignación dos tempos, entenderase como actividade normal a equivalente a 60 na escala Bedaux.

3. Cando se produza un cesamento na actividade sometida a prima, por causa non imputable á empresa, sen que teña lugar un cambio de posto de traballo, non se terá dereito a percibir prima. Se se produce un cambio a posto de traballo non medido, conservarase como prima o valor da consolidada. Se o novo posto de traballo estivera sometido a prima, unha vez superado o período de adaptación, terase dereito a percibi-la derivada do rendemento do traballador.

b) Asignación e modificación de tempos e rendementos.

Os tempos e rendementos serán determinados polos procedementos de cronometraxe e/ou valoración empregados polos servicios técnicos da empresa, utilizando calquera das metodoloxías tecnicamente habituais e recoñecidas (MTM ou calquera sistema de tempos predeterminados, Bedaux, etc.).

Os tempos e rendementos poderán ser revisados por algunha das causas seguintes:

1. Modificación das instalacións (mellora de medios).

2. Revisión de procesos (mellora de técnica).

3. Cambio de réxime de traballo (mellora de organización).

4. Erro demostrado na estimación de tempos.

Cando por modificación de métodos ou calquera razón establecida no sistema de medicións se modifiquen os valores, e exista discrepancia sobre eles, serán sometidos no prazo máximo de sete días laborables á comisión de ritmos e tempos, que en caso de desacordo se someterá ó seguinte procedemento:

1. Por acordo designarase un técnico, experto na materia, o dictame do cal será vinculante.

2. En caso de desacordo na designación do técnico referido no parágrafo anterior, cada parte designará tres técnicos, expertos na materia (excluíndo aqueles pertencentes a sindicatos ou asociacións empresariais). A elección do técnico de entre todos eles, que realizará o traballo, levarase a cabo polo método de insaculación e o seu dictame será vinculante.

3. O técnico externo designado comprometerase, no momento de serlle encargado o traballo, a realizalo nun tempo máximo dun mes e presenta-lo preceptivo informe á comisión. De non ser así, a comisión procederá de forma inmediata á elección doutro técnico que se comprometa ó cumprimento do referido prazo de execución do traballo, entre os designados polas partes e polo método especificado no parágrafo anterior.

En caso de desacordo o valor medido non entrará en vigor ata que non estea aprobado ou resolto polo terceiro de forma vinculante.

Artigo 6º.-Xornada.

a) Xornada de traballo.

A xornada de traballo, en tódolos centros e para todo o persoal de Grupo de Empresas Álvarez, S.A., será de trinta e sete horas efectivas semanais de traballo para o ano 2000, salvo para o persoal de dobre e triple quenda que manterá o seu actual réxime horario.

O persoal de xornada normal cumprirá o seu horario de luns a venres.

Establécese unha reducción de 8 horas ó ano.

O tempo de traballo computarase de modo que tanto ó comezo como ó final da xornada diaria o traballador se encontre no seu posto de traballo. Nos postos de traballo cronometrados, o tempo necesario para cubri-la folla de traballo e realiza-la limpeza de posto entenderase xornada efectiva, e será determinado polos servicios técnicos da empresa.

Cada ano, dirección e comité negociarán o correspondente calendario laboral.

Establécese para o ano 2001 unha xornada efectiva de 36 horas semanais.

b) Distribución irregular da xornada.

Co obxecto de atender a períodos punta de carga de traballo, sen ter que recorrer á realización e pagamento de horas extraordinarias, as partes acordan a creación dunha bolsa de horas de traballo de ata un máximo de 100 horas por persoa e ano.

A utilización da mencionada bolsa de horas de traballo rexerase polas seguintes regras:

1. O comité de empresa será informado inescusablemente, cunha antelación mínima de dez días á aplicación da distribución irregular da xornada.

2. A empresa poderá aumenta-la xornada diaria normal, nun máximo de tres horas diarias adicionais, de luns a venres. Compensándose hora por hora.

3. En caso de realización de horas en sábado, o máximo de horas que se realizarán establécese en oito horas/día. Neste caso, incluiranse na bolsa de horas que hai que compensar con descansos, 2 horas por cada hora traballada.

4. As horas acumuladas desfrutaranse nos seis meses posteriores á súa realización, e en data que se acordará entre as partes.

5. A aplicación da distribución irregular de xornada nunca poderá levarse a cabo para suplir erros de planificación ou producción atribuíbles á empresa.

6. Sempre e cando se cumpran os requisitos especificados nos números anteriores, a prestación de servicios en aplicación da bolsa individual de horas será de carácter obrigatorio.

Establécese a bolsa de traballo para o ano 2001, en 150 horas/persoa/ano.

Artigo 7º.-Saturación da xornada.

Dado que o traballador debe prestar servicio durante toda a xornada laboral, a dirección ten a obriga de procurarlle tarefa para a saturación desta e o persoal a obriga de admitila con labores propios do seu oficio, se as houber ou no seu defecto, con outras distintas, sen menoscabo da súa categoría profesional.

Todo o persoal está obrigado a non producir paradas voluntarias aínda estando sometido a prima, aínda que o seu rendemento se manteña por riba do mínimo.

Artigo 8º.-Horas extras.

Queda prohibida a realización de horas extraordinarias con carácter xeral, salvo as estructurais obrigatorias e aquelas ás que se refire o número 3º do artigo 35 do Estatuto dos traballadores.

Establécese unha táboa de valores fixos para a hora extraordinaria que se xunta no anexo.

Artigo 9º.-Vacacións.

Todo o persoal suxeito a este convenio, terá dereito ó desfrute de vacacións anuais retribuídas de acordo coas seguintes condicións:

a) As vacacións terán unha duración de 30 días naturais para todo o persoal, calquera que sexa a súa cualificación profesional.

b) Con independencia das vacacións propiamente ditas, os días 24 e 31 de decembro considéranse non laborables, sendo a súa retribución como a correspondente a vacacións. Se tales días coincidisen con non laborables trasladarase o seu desfrute ós días laborais anteriores. Para os traballadores a quenda en máquinas automáticas en Vanosa establécese o seguinte:

Trasládase o desfrute con carácter xeral dos días 24 e 31 de decembro, ós días 25 de decembro e 1 de xaneiro, tendo en conta o íntimo significado dos días 24 e 31, o traballo interromperase ás 8 da tarde e iniciarase de novo ás 6 da mañá dos días 26 de decembro e 2 de xaneiro.

As xornadas dos días 24 e 31 de decembro, retribuiranse como horas extraordinarias. O persoal da 2ª quenda de (14 a 22 horas) cobrará como extraordinaria a xornada completa. Estas condicións fanse extensivas a todo o persoal de Grupo de Empresas Álvarez, S.A. e Vidrios Automáticos del Noroeste, S.A., que preste os seus servicios nas ditas datas.

c) Establécese como período vacacional os meses de xullo, agosto e setembro, sen prexuízo do que se pacte cos distintos comités de centro de traballo, pero sempre dentro do período vacacional antes indicado, se ben se admitirán acordos individuais para que o desfrute poida ser levado a efecto fóra dos períodos indicados anteriormente.

Durante o período vacacional todo o persoal de dobre quenda terá xornada intensiva.

Dentro do período vacacional, nos centros que por imperativos de tipo técnico se vexan obrigados a pecha-las súas instalacións, quedaría a discutir entre a dirección e os distintos comités de centro a posibilidade de pasa-lo persoal de dobre quenda a xornada intensiva dentro dos tres meses de vacacións.

d) Formará parte do cómputo para o cálculo dos emolumentos que se percibirán en vacacións: o salario convenio, antigüidade, axuda social, complemento de transporte, premio ad personam e as medias de prima, complemento (nocturnidade, tóxicos e calorías) e bonificación festivos percibidos no trimestre efectivamente traballado, anterior á data en que se comece o seu desfrute.

Artigo 10º.-Licencias e permisos.

1. O traballador, logo de aviso se for posible, e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio.

b) 3 días en caso de nacemento dun fillo, salvo imposibilidade debidamente acreditada de non ter podido realiza-la inscrición do fillo no Rexistro Civil; neste caso o permiso ampliarase a 4 días.

c) En caso de enfermidade, sempre e cando o médico correspondente acredite necesidade de asistencia persoal ou operación con internamento do cónxuxe, compañeiro-a, pais e fillos e pais políticos, en caso de ser único descendente ou convivan con eles: 3 días.

En caso de gravidade, debidamente acreditada, a licencia ampliarase ata 5 días, que poderán ser desfrutados de forma fraccionada.

d) 3 días en caso de defunción de cónxuxe, compañeiro-a, pais ou fillos.

e) 3 días en caso de defunción de avós, netos e irmáns.

f) 1 día por defunción de avós políticos.

g) 3 días por defunción de pais e irmáns políticos.

h) 1 día por defunción de sobriños, tíos e tíos políticos.

i) Nos casos de enfermidade grave ou falecemento dos familiares recollidos nas alíneas anteriores, sempre que sexa preciso facer un desprazamento para tal efecto fóra da provincia, o permiso ampliarase en 1 día.

j) 1 día por traslado de domicilio habitual.

k) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

l) Polo tempo necesario para acudir a consulta médica ou acompañar a esta a un fillo menor de 8 anos.

m) Defunción dun compañeiro, por accidente laboral dentro das 24 horas seguintes a producirse. Os compañeros de sección terán dereito ó tempo necesario para asistir ó enterro.

n) Polo tempo indispensable para a renovación do DNI, así como para aquelas citacións xudiciais nas que o afectado sexa demandado ou testemuña deste, dentro da orde civil non laboral, e en calquera caso en orde penal.

En canto ás citacións laborais, obervarase o establecido no Art. 95 da Lei de procedemento laboral.

o) 1 día natural coincidente co día da cerimonia de primeira comuñón e bautizo dun fillo, ou calquera outra de similar rango noutra relixión.

p) 3 días naturais en caso de adopción dun fillo-a:

2. Avisando coa debida antelación, os traballadores poderán ausentarse do traballo sen dereito a retribución, por causa xustificada que, en todo caso, poderá se-la ampliación das licencias retribuídas indicadas no número anterior. A duración destes permisos será a necesaria e determinarase de acordo entre empresa e traballadores.

Artigo 11º.-Excedencias.

1. A concesión de excedencia será obrigatoria cando teña por obxecto o desempeño dun cargo público

ou sindical; neste caso o tempo de duración estenderase a todo o período en que desempeñe o cargo que se lle confiou e para o que foi designado.

2. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a 3 anos, para atender ó coidado de cada fillo, contado desde o nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que viñeran desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

3. Nestes dous casos mencionados o reingreso será automático na mesma praza ocupada con anterioridade e contándoselle o tempo de excedencia como de antigüidade.

4. Así mesmo, poderán solicitar excedencia de 1 ano a 5 anos, todos aqueles traballadores que leven un mínimo dun ano ó servicio da empresa, non podendo instar unha nova solicitude ata que transcorresen outros 2 anos contados desde a reincorporación efectiva, despois dunha anterior, a excepción dos casos explicitados neste convenio.

5. O traballador excedente conserva, salvo acordo das partes, só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producise na empresa.

Artigo 12º.-Mobilidade funcional.

É o cambio de funcións do traballador dentro da empresa. Poderán ser movidos funcionalmente tódolos traballadores afectados polo presente convenio, sen máis limitacións que as derivadas da súa cualificación profesional ou potencial para exerce-la función da que se trata, así como a pertenza a un determinado grupo profesional.

Artigo 13º.-Mobilidade xeográfica.

Dada a escasa dispersión xeográfica existente entre os actuais centros de traballo, en ningún caso terá a consideración de mobilidade xeográfica a que se produza entre os centros actuais do Grupo de Empresas Álvarez detallados no artigo 1º do presente convenio colectivo (en diante denominada mobilidade intercentros), excepción feita da que puidese producir de fábricas a delegacións ou viceversa.

A mobilidade intercentros pode ser de dúas formas:

a) Desprazamentos:

Que é a situación en que se coloca ó traballador cando se lle obriga a concorrer a un centro de traballo distinto do habitual sempre que sexa por termo menor de tres meses.

Estes desprazamentos comunicaránselle previamente ó comité. Así mesmo a empresa encargarase do transporte desde o centro de traballo habitual ó novo e o tempo utilizado no desprazamento computarase como de traballo para tódolos efectos.

b) Traslados:

Cando os traslados sexan definitivos ou superiores a tres meses, a centro de traballo distinto do habitual será preceptivo o informe previo do comité que se

asegurará que se respecten os termos deste convenio e igualmente, comunicaralle á dirección os posibles aspectos sociais non tidos en conta ó toma-la decisión.

Este informe deberá emitirse no prazo máximo de dez días naturais.

Estes traslados serán compensados da seguinte forma:

Dentro do mesmo municipio: 300 ptas./día.

Fóra do municipio: 400 ptas./día.

Ningún traballador poderá ser trasladado dunha fábrica a delegación ou viceversa, salvo acordo das partes.

Artigo 14º.-Garantías nos traslados.

Nos casos de mobilidade recollidos no artigo 13º as novas tarefas axustaranse ó grupo profesional ó que pertenza o traballador.

Estes cambios poderanse realizar por razóns económicas, técnicas, productivas ou organizativas. A designación do persoal ó que lle afecten estes traslados, efectuarase prioritariamente de acordo con criterios de idoneidade para o cumprimento dos obxectivos fixados (económicos, técnicos, organizativos ou productivos), e posteriormente afectarán en último caso a aqueles traballadores que acrediten pola seguinte orde: maior número de veces trasladados con anterioridade, maior antigüidade na empresa e maior idade.

Se se verifica que se incorreu en erro ó realizar calquera cambio, reuniranse a dirección e o comité para estudialo, e a dirección deberá emendalo con carácter inmediato.

No caso de que a dirección e o comité correspondente non alcanzasen acordo, someterán as discrepancias á decisión da autoridade laboral competente.

Cando o novo posto esixa un período de adaptación, no caso de persoal suxeito a prima, respectaráselle a media alcanzada no último trimestre, efectivamente traballado, durante o prazo máximo dun mes para esta adaptación.

Artigo 15º.-Cambios de posto de traballo dentro do mesmo centro.

Os cambios de posto obedecerán a causas económicas, organizativas, técnicas ou productivas. Por iso, ningún traballador poderá ser cambiado de posto de traballo arbitrariamente.

Cando polas causas mencionadas no parágrafo anterior sexa conveniente realiza-los ditos cambios, estes efectuaranse prioritariamente de acordo con criterios de idoneidade para o cumprimento dos obxectivos fixados (económicos, técnicos, organizativos ou productivos), e posteriormente procurarase que afecten en último caso os traballadores que acrediten pola seguinte orde: maior número de veces trasladado con anterioridade, maior antigüidade na empresa e maior idade.

A empresa comprométese a levar unha listaxe destes cambios que, así mesmo, serán comunicados previamente ó comité de centro.

Se estes cambios implican un período de adaptación aplicarase o disposto no artigo 14º.

Artigo 16º.-Cambios por petición.

Cando os cambios se produzan por petición do traballador aceptado pola dirección, ou de mutuo acordo, entre ambos, aplicarase o convido entre ámbalas partes.

Artigo 17º.-Cambios por enfermidade.

Nos casos en que se produza diminución física do traballador por causas laborais (accidente de traballo ou enfermidade profesional explicitamente diagnosticada polos médicos da Seguridade Social ou da empresa) ou non laborais (enfermidade común, accidente non de traballo, diminución física por razón de idade) e que non dean lugar a baixa definitiva, procurarase darlle unha ocupación acorde coas súas capacidades.

A prima que se percibirá no novo posto de traballo sempre que o traslado obedeza a unha recomendación do servicio médico de empresa, será a consolidada polo traballador, salvo que o novo posto dea dereito a unha prima directa, neste caso o traballador percibirá a que obteña.

Artigo 18º.-Modificación das condicións de traballo.

A ningún traballador se lle poderán modifica-las súas condicións de traballo salvo que existan probadas razóns técnicas, organizativas ou productivas, que de non seren aceptadas polos representantes dos traballadores, ou no seu defecto, polos propios interesados, deberán someterse ós trámites legais correspondentes, por parte da dirección da empresa.

Artigo 19º.-Acordo salarial.

Como incremento salarial para o ano 1999, aplicarase con efectos retroactivos ó 1 de xaneiro o IPC real do dito ano (2,9%), ós seguintes conceptos retributivos: salario convenio, P.T.U., axuda social, primas.

Con efectos do 1 de xaneiro de 2000, establécese un incremento salarial liñal de 7.000 pesetas/mes en salario convenio. Ó presente incremento salarial, non lle será de aplicación ningún tipo de revisión salarial por evolución do IPC.

Incremento da base de antigüidade, complementos e paga de beneficios a salario mínimo interprofesional vixente en cada momento.

Á parte dos conceptos de masa salarial, establécese unha paga de obxectivos de producción para todo o persoal de 16.207 ptas., que se cobrarán o 31 de decembro, sendo este concepto salarial revisable por convenio.

Artigo 20º.-Antigüidade.

Existirán premios de antigüidade consistentes en dous bienios, equivalentes cada un ó 5% e sucesivos

quinquenios do 7% sen limitación na súa contía, e operando para o seu cálculo sobre o salario mínimo interprofesional vixente en cada momento, quedando expresamente pactado que estes aboamentos e os seus custos restarán da masa salarial bruta dispoñible que teña a empresa para distribuír na negociación colectiva de cada ano.

Para o persoal de nova incorporación á empresa, así como para o persoal actual co que así se acorde contractualmente; a antigüidade considerarase compensada e absorbida, e polo tanto non se aboará en caso de que a retribución sexa superior á establecida no presente convenio colectivo para o seu nivel e categoría profesional.

Artigo 21º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio terá dereito a percibir dos gratificacións extraordinarias, con motivo de verán e Nadal, consistentes en trinta días (unha mensualidade), calculadas ambas exclusivamente de acordo co salario convenio, antigüidade, axuda social, e premio ad personam e faranse efectivas non máis tarde do 15 de xullo e 15 de decembro, respectivamente.

Así mesmo, percibirán unha gratificación extraordinaria en marzo, tamén regulada como na actualidade, que se incrementan en corenta e sete mil setecentas setenta e tres (47.773), lineais, revisables por convenio, para todo o persoal suxeito a el.

Artigo 22º.-Primas.

O persoal obreiror suxeito a prima de producción manterá o mesmo sistema actual de rendementos e valores segundo a escala que se xunta no anexo.

O persoal obreiro ou que realice funcións similares nos talleres sen te-la condición de persoal técnico ou administrativo e que, por outra parte, non estea suxeito a prima segundo a producción por ser difícil o seu control ou non dispor de datos para a obtención dos valores correspondentes que aseguren tal concepto, percibirán como prima a cantidade correspondente á actividade media da fábrica de que dependan por día efectivamente traballado.

Equipárase a base da prima de talleres auxiliares centrais cos demais talleres auxiliares de fábrica.

O persoal subalterno e administrativo percibirá como prima a cantidade correspondente á actividade media do grupo.

Así mesmo, establécese una táboa de complemento de calidade, por centro de traballo que se xunta no anexo.

O persoal subalterno e administrativo percibirá en concepto de complemento de calidade, a media do grupo.

Artigo 23º.-Complementos.

1. Complemento de transporte urbano.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio percibirán en concepto de complemento de

transporte a cantidade de 5.952 ptas. mensuais. O dito importe aboarase tomando como base o día efectivamente traballado.

2. Complemento de nocturnidade.

Todo o persoal, sen excepción, que traballe na quenda de noite, percibirá un complemento de traballo nocturno equivalente ó 40% de cada hora de salario convenio vixente.

Se o tempo traballado no período nocturno fose inferior a catro horas, aboarase o complemento sobre o tempo traballado soamente; se as horas nocturnas exceden de catro, pagarase o suplemento correspondente a toda a xornada.

3. Complemento de quendas.

Todo o persoal que traballe a dobre ou triple quenda percibirá un complemento de quendas por importe de 2.550 ptas. mensuais. Este importe aboarase tomando como base o día efectivamente traballado.

4. Horas de domingo e festivos.

Ó persoal que traballe os domingos e festivos aboaráselle na clave Bonificación festivos, o 120% do salario convenio vixente.

5. Complemento de asistencia ó traballo.

Establécese para todo o persoal un complemento de asistencia ó traballo de 4.175 ptas. ó mes, que se percibirán por cada traballador sempre que o seu absentismo por tódolos conceptos, a excepción das horas sindicais e as vacacións, non excedan do 5% da presencia teórica individual de cada mes. Non obstante o anterior, este complemento non se percibirá nos días de vacacións.

6. Gratificación Noiteboa e Noitevella.

Todo aquel persoal que por razóns de mantemento traballe na quenda de noite os días 24 e 31 de decembro, e sempre e cando o resto do persoal desfrute dos ditos días entendidos como non laborais percibirá por tal actividade unha compensación económica de 12.000 ptas. por día. Así mesmo terá dereito ó desfrute de 2 días ininterrompidos, se prestase servicio nas datas sinaladas, ou un día máis no suposto dunha soa data.

Todo aquel persoal que por razóns de mantemento traballe na quenda de mañá e tarde os días 25 de decembro e 1 de xaneiro percibirá a cantidade de 2.500 ptas. por día.

Artigo 24º.-Axuda social.

Durante a vixencia do presente convenio todo o persoal percibirá en concepto de axuda social a cantidade de 11.648 ptas. mensuais por catorce pagas, sen que a dita cantidade consolide salarios pero si percepción.

Para o persoal de 45 anos ou máis este importe aboarase no concepto gratificación especial.

Artigo 25º.-Complementos por enfermidade e accidente e reducción do absentismo.

Os traballadores que estean en situación de IT derivada de enfermidade común ou accidente non profesional e que non superasen individualmente nos cinco anos anteriores á data da baixa 150 días de absentismo, excluíndo as baixas por accidente, maternidade ou enfermidade grave con hospitalización, percibirán a partir do primeiro día, e a cargo da empresa, o complemento ata o 100% da base de cotización, excepto o valor do complemento de asistencia. O persoal que superase o absentismo individual mencionado no parágrafo anterior percibirá o 85% da base de cotización, excepto o complemento de asistencia.

Cando a situación de IT se derive de accidente de traballo, enfermidade profesional, maternidade ou enfermidade grave con hospitalización, o complemento será ata o 100% do seu salario.

Artigo 26º.-Formación.

A empresa utilizará como ferramenta para a consecución dos seus obxectivos e para o melloramento profesional dos traballadores plans de formación acordes coas necesidades.

As accións formativas incluídas programadas pola empresa realizaranse dentro de horas de traballo sempre e cando isto sexa organizativa e economicamente razoable. En caso de realizarse fóra de horas de traballo, estas horas serán compensadas con períodos equivalentes de descanso, a excepción das oito primeiras horas anuais individuais de formación, as cales se considerarán una achega do traballador.

A asistencia ás accións formativas programadas pola empresa é obrigatoria con independencia do horario no que se realicen.

As horas empregadas en formación, cando teñan por obxecto a promoción a postos superiores, ou a adaptación ou aprendizaxe a novos postos de traballo, ou pertenzan a accións formativas a iniciativa do trabajador, realizaranse fóra de horas de traballo e non producirán ningún dereito.

Artigo 27º.-Transporte en festivos.

A empresa seguirá subvencionando o transporte dos traballadores da terceira quenda da véspera dos días festivos, así como os da quenda primeira do dito día mentres persista a carencia de transporte público, garantindo un mínimo de 450 ptas.

Artigo 28º.-Atencións sociais.

1º. Asistencia social.

O servicio de asistencia social atenderá os gastos de educación especial e axudas especiais.

2º. Venda de productos fabricados por GEASA ó persoal.

Tódolos traballadores terán dereito á compra dos productos fabricados por Grupo de Empresas Álvarez, S.A., a prezos de tarifa mínima ata un importe máximo de 150.000 ptas. ano por traballador cun desconto do 15%.

3º. Seguro de vida.

Establécese un seguro de vida para todo o persoal por un importe dun millón de pesetas. As primas do seguro correspondentes serán satisfeitas ó 50% pola empresa e polos traballadores.

4º. Fondo social convenio.

O fondo social convenio terá un montante de quince millóns de pesetas e atenderá os gastos de gardería e de preescolar a razón de 8.000 ptas. por fillo.

A cantidade sobrante unha vez cubertos os anteriores gastos máis os xuros recadados pola empresa con base no 2% dos préstamos (960.000 ptas.) pasará a cubri-los gastos de material escolar dos fillos dos traballadores, maiores de 3 anos.

5º. Garantías para o persoal enfermo.

A empresa comprométese con todo o persoal de Grupo de Empresas Álvarez, S.A. e Vidrios Automáticos del Noroeste, S.A., que cause baixa por enfermidade, e pase a invalidez provisional (longa enfermidade), a readmitilo unha vez finalizada esa situación, sempre e cando non pase a invalidez permanente ou xubilación e será considerado en activo para tódolos efectos.

6º. Cantina.

Funcionará un servicio de cantina en Cabral, Moahsa e Pontesa.

Artigo 29º.-Comité de seguridade e saúde laboral.

Manteranse, coa composición e funcións previstas na lexislación vixente, os correspondentes comités de seguridad e saúde laboral.

Aritigo 30º.-Recoñecementos médicos.

Co fin de velar polo estado de saúde de cantos traballadores compoñen o cadro de persoal da empresa, esta, a través do seu servicio médico de empresa, fará no debido tempo e forma, cantos recoñecementos médicos dispón a ordenanza xeral de hixiene e seguridade no traballo.

O servicio médico da empresa, a través dos correspondentes facultativos, virá obrigado a facilitarlles ós traballadores un informe escrito do resultado deste recoñecemento, respectando, en todo caso, a reserva profesional a que se viran obrigados no exercicio da súa función.

Se a criterio do servicio médico de empresa, calquera traballador debe ser controlado mediante recoñecementos periódicos máis frecuentes que os previstos na citada ordenanza, en previsión de posibles agravacións, ben por razón do traballo habitual, ben por calquera outra razón, o traballador estará obrigado a presentarse a estes recoñecementos nos prazos que se lle marquen e cumpri-las indicacións que lle mande o facultativo que o trate.

O servicio médico de empresa prestará os seus servicios de mañá e tarde, segundo o horario establecido que poderá ser modificado por acordo das partes. Tal horario será exposto nas diferentes salas de primeiros auxilios.

Artigo 31º.-Hixiene nos centros de traballo.

A empresa está obrigada a pór tódolos medios ó seu alcance co fin de mante-lo lugar de traballo nas condicións de limpeza e en todo caso nos termos previstos na ordenanza xeral de hixiene e seguridade no traballo.

O comité de seguridade e saúde laboral confeccionará un plan de seguridade.

Así mesmo, a empresa comprométese a recoñece-los postos de traballo tóxicos, penosos ou perigosos dictaminados no seo do comité de seguridade e saúde laboral ou, se é o caso, pola autoridade laboral, asumindo a necesidade de emendar estes postos e de non ser isto posible, procederá a facer efectivos ós traballadores afectados os dereitos recoñecidos na lexislación vixente.

Artigo 32º.-Roupa de traballo.

Todo o persoal obreiro afectado por este convenio terá dereito a dúas pezas de roupa de traballo ó ano, coas características máis adecuadas ó fin que se destinen, quedando obrigado ó coidado e limpeza delas.

Cando derivado do uso habitual da roupa estas se deteriorasen, existindo dictame favorable do comité de empresa, procedería a entrega doutra peza.

A empresa quedará obrigada a facilitar, así mesmo, e os traballadores a utilizar aquelas pezas de roupa e accesorios que as características do seu traballo esixa, tales como botas, zocos, guantes, auriculares, cascos, etc...

As características destas pezas de roupa serán establecidas de acordo co regulamentado nas disposicións oficiais correspondentes, en colaboración co comité de empresa.

A entrega da roupa de traballo realizarase en dúas fases, a primeira en xaneiro e a segunda en xullo. o persoal que estea en situación de I.T. no período correspondente (seis meses), non terá dereito a percibi-la roupa de traballo.

Artigo 33º.-Órganos de participación.

Constituiranse os seguintes órganos de participación dos traballadores:

a) Comité do centro de traballo, a saber:

-Comité de Cabral, conxuntamente Cerámica, Vanosa e Povisa.

-Comité de Pontesa.

-Comité de Moahsa.

b) Comité intercentros.

c) Comisións de traballo.

No seo do comité de empresa constituiranse as comisións de traballo que el mesmo considere oportunas. Estas comisións non terán capacidade negociadora coa dirección da empresa, nin terán por si mesmas, a representación do comité, a excepción da comisión de ritmos e tempos que terá os dereitos e atribucións recollidas no Art. 5º alínea b) e artigo 36º do convenio.

Estas comisións de traballo son:

-Comisión de seguridade e saúde laboral.

-Comisión de actividades sociais.

-Comisión de ritmos e tempos.

Artigo 34º.-Comités de centro de traballo.

A) Composición.

Estará constituído polos delegados libremente elixidos polos traballadores de cada centro, no número e coas prescricións que a lexislación vixente establece.

Este comité nomeará do seu seo un presidente e un secretario, así como os representantes no comité intercentros que proporcionalmente lle correspondan, establecerá así mesmo, o seu regulamento, copia do cal será entregado á autoridade laboral e á dirección da empresa.

B) Funcións.

Terá as seguintes funcións dentro dos límites específicos do seu centro de traballo:

1. Coñecer previamente e informar sobre os proxectos da dirección que afecten ó persoal nos seguintes casos:

a) Mobilidad, cambios de posto de traballo e traslados.

b) Reestructuración e reducción de cadros de persoal. Peches totais ou parciais, definitivos ou temporais.

c) Traslado total ou parcial das instalacións.

d) Plans de formación profesional.

e) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control de traballo, (tempos, incentivos, etc.).

2. Coñecer trimestralmente:

-As estatísticas sobre os accidentes de traballo e as súas consecuencias.

-Producción e vendas.

3. Coñecer semestralmente:

-Evolución xeral do sector e os negocios.

-Carteira de pedidos.

-Programa de producción.

-Evolución do emprego.

4. Tamén será informado, sen periodicidade determinada, cando se produzan feitos de importancia para o seu centro de traballo en xeral e os traballadores en particular. A empresa informará os comités de centro das sancións impostas por faltas leves ou graves.

Artigo 35º.-Comité intercentros.

A) Composición.

O comité intercentros estará constituído por un máximo de 13 traballadores, que estarán designados de entre os compoñentes dos distintos comités de centro, gardándose a proporcionalidade dos sindicatos segundo os resultados considerados globalmente.

Respectando estes condicionantes, a designación dos membros do comité intercentros, farase en proporción ós cadros de persoal respectivos de cada centro de traballo.

Este comité elixirá de entre os seus membros un presidente e un secretario e establecerá o seu propio regulamento.

B) Funcións.

1. Denuncia-lo convenio e presentar proposta de novo convenio como lexítimo representante dos traballadores.

2. Negociar coa dirección o convenio, durante o proceso do cal poderá ser asistido dos asesores que considere oportuno, se nalgún momento fose preciso, para a negociación, poderá solicitar certificación dos datos achegados pola empresa, por medio de profesional publicamente autorizado para iso (notario, inspector de traballo, censor xurado de contas), no exercicio das súas funcións profesionais.

3. Vixia-lo cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto ó convenio, formulando as correspondentes reclamacións á dirección e, se é o caso, ante a comisión mixta paritaria.

4. Coñece-los modelos de contrato de traballo escrito, que se utilicen na empresa, así como dos documentos relativos á terminación da relación laboral.

5. Coñecer previamente e informa-la dirección sobre os proxectos que afecten ó persoal de varios centros de traballo nos seguintes casos:

a) Traslados e desprazamentos entre centros de traballo.

b) Reestructuración e reducción de cadros de persoal.

c) Peches totais ou parciais, definitivos ou temporais.

d) Traslado total ou parcial de instalacións.

e) Plans de formación.

f) Implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo.

g) Fusións, absorcións e calquera outra modificación do Estatuto xurídico da empresa que poida afecta-lo nivel de emprego.

h) Sancións impostas de carácter moi grave, e en especial en suposto de despedimento.

C) Atribucións e dereitos.

Ser informados periodicamente pola dirección sobre os seguintes aspectos:

1. Trimestralmente, sobre a marcha das principais magnitudes de explotación, a saber:

-Horas traballadas normais e extras.

-Absentismo.

-Producción e vendas.

2. Semestralmente, sobre:

-Evolución xeral do sector e os negocios.

-Carteira de pedidos.

-Programa de producción.

-Evolución do emprego.

3. Anualmente:

-A mesma información cos mesmos documentos postos á disposición dos accionistas.

Fundamentalmente:

-Memoria.

-Balance.

-Conta de resultados.

4. Tamén se lle informará sen periodicidade determinada cando se produzan feitos de importancia para a empresa en xeral e os traballadores en particular.

5. Pola súa parte, tanto os membros do comité, como este no seu conxunto, manterán a máis estricta reserva sobre as materias de que sexan informados ou cheguen ó seu coñecemento na súa calidade de tales. Esta obriga manterase durante os dous primeiros anos posteriores ó seu cesamento e será considerada falta moi grave e sancionada como tal, a publicación verbal ou escrita, dentro ou fóra da empresa, das informacións, salvo autorización expresa, por escrito, da dirección.

Artigo 36º.-Comisión de ritmos e tempos.

Esta comisión deberá coñece-lo sistema de traballo e medidas de rendemento.

Intervirá cando a aplicación de calquera norma establecida entenda que prexudica os traballadores na súa percepción de prima, estudiando os posibles obstáculos que puideran incidir nos rendementos normais de productor.

Cando polas causas recollidas no artigo 5º deste convenio se modifican os valores e estes non sexan aceptados, serán sometidos á comisión de ritmos e tempos.

No caso de non haber acordo, e nos supostos indicados non entrará en vigor, mentres non sexan sometidos a un terceiro, técnico na materia, aceptado polas partes, o dictame do cal será vinculante.

Así mesmo intervirá nas posibles reclamacións de categorías e niveis.

Artigo 37º.-Comisión de actividades sociais.

Vinculada coa dirección de persoal encargada de supervisar e conceder cuestións de obras sociais como:

-Préstamos.

-Vivendas sociais.

-Garderías ou preescolar.

En colaboración co departamento de asistencia social para:

-Axudas especiais.

-Educación especial, etc.

Actuará conxuntamente coa empresa na xestión do servicio de cantina, participando en materia de compras, prezos, control de minguas e inventarios, informe mensual de tesourería e control da actuación do persoal.

Artigo 38º.-Seccións sidicais.

As seccións sindicais terán tódolos dereitos que lle concede a LOLS.

Segundo o número de traballadores dos distintos centros, as seccións sindicais terán dereito a nomea-los delegados da seguinte forma:

-De 200 a 750 traballadores: 1 delegado.

-De 751 a 2.000 traballadores: 2 delegados.

Estes delegados terán as mesmas funcións e garantías que os delegados de persoal, así como dispor do mesmo número de horas sindicais.

Os delegados das seccións sindicais terán dereito a:

-Acceso á mesma información e documentación que a empresa poña á disposición do comité de empresa, estando obrigados os delegados sindicais a garda-lo sixilo profesional naquelas materias nas que legalmente proceda.

-Asistir ás reunións dos comités de empresa e dos órganos de representación que se establezan nas administracións públicas, con voz pero sen voto.

-Ser oído pola empresa, previamente á adopción de medidas de carácter colectivo que afecten os traballadores en xeral e os afiliados do seu sindicato en particular, e especialmente nos despidos ou sancións destes últimos.

-Dispor dun taboleiro de anuncios en cada un dos centros de traballo, para cada unha das seccións sindicais para a difusión da información sindical.

-Cada centro disporá dun local adecuado para poder desenvolve-las actividades sindicais.

-Por petición da central, logo de conformidade por escrito do afiliado, a empresa encargarase da recadación das cotas, mediante desconto en nómina e o seu ingreso na conta bancaria que a propia central determine.

Artigo 39º.-Garantías dos representantes sindicais.

Os membros do comité de empresa, como representantes legais dos traballadores, terán, entre outras, as seguintes garantías:

Apertura de expediente contradictorio no suposto de sancións por faltas graves ou moi graves, no que será oído, á parte do interesado o comité de empresa.

Artigo 40º.-Horas sindicais.

Os membros do comité de empresa terán dereito a utilizar 40 horas mensuais, cada un deles, remuneradas a salario real, para as actividades específicas do seu cargo.

Estas horas non poderán ser en ningún caso trasladadas dun mes a outro, admitíndose acumulacións entre os membros do comité da mesma central sindical, remuneradas a salario real. Nestas horas non serán computadas as correspondentes a reunións convocadas por iniciativa da dirección ou da autoridade laboral.

Artigo 41º.-Asembleas.

Os traballadores poderán celebrar asembleas xerais por centro de traballo, que terán lugar sempre fóra das horas de actividade no propio centro, facilitando a empresa, sempre que sexa posible, lugar adecuado para iso.

As asembleas serán anunciadas previamente á dirección, acompañando a oportuna orde do día para os meros efectos informativos.

Igualmente poderán os traballadores realiza-las reunións durante o tempo de bocadillo. Nestes casos terán dereito ó tempo necesario para iso.

Artigo 42º.-Orde durante as asembleas.

O comité que convoque a asemblea será responsable da orde durante a celebración, así como dos danos que, con este motivo, poidan producirse en persoas ou bens, podendo a empresa nega-la súa autorización para a realización de novas asembleas dentro do recinto se nalgunha anterior se producisen danos non totalmente resarcidos. En ningún caso poderán asistir ás asembleas persoas alleas á empresa, a non ser dirixentes das centrais sindicais debidamente acreditados e logo de comunicación á empresa.

Artigo 43º.-Locais e taboleiros para os comités.

A empresa porá á disposición dos comités as seguintes facilidades:

1. Un local para cada centro de traballo, no que poidan realizar reunións e deliberar entre si. O comi

té intercentros non terá local propio, senón que deberá usar algún dos centros de traballo. Sempre que sexa posible, procuraríase que este local estea dentro do recinto do centro.

2. Taboleiros de anuncios por centro de traballo, en número suficiente, nos que poidan fixa-las comunicacións que coiden convenientes, sen máis limitación que as de ir debidamente asinadas e seladas polo presidente e secretario, que se farán responsables do que alí se diga, se é o caso.

Artigo 44º.-Prohibición de discriminacións.

Ningún traballador pode sufrir discriminación de ningún tipo nin nos seus dereitos nin na súa remuneración, por razón de sexo, idade, nin ningunha outra que non sexa a súa capacidade profesional e conducta laboral. No caso de persoal estranxeiro, aplicarase a lexislación vixente en cada momento.

Artigo 45º.-Comisión mixta paritaria.

Para a interpretación e mellor cumprimento das cláusulas deste convenio e en xeral para atender cantas dúbidas poidan derivarse da súa aplicación establécese unha comisión mixta paritaria integrada por un máximo de 13 representantes de cada parte, que deberán reunirse no prazo máximo de 48 horas unha vez formulada unha diferencia de interpretación por calquera das partes.

En caso de que esta comisión non alcanzase un acordo, elevaríase o actuado á autoridade laboral competente. Esta decisión, cos correspondentes recursos, se existen, será vinculante para ámbalas partes.

Sempre que as partes cumprisen os anteriores trámites, a empresa comprométese a non despedir a ningún traballador por causa de accións sindicais en relación cos puntos de discrepancia presentados.

Cando as accións sindicais sexan propostas no nivel de Estado español ou da Nación galega e rama de producción (vidro e cerámica), quedan loxicamente exceptuadas do trámite previo de conciliación. Así mesmo, non será causa de despedimento a inasistencia ó traballo por causa de detención ou proceso que non dea lugar a condena por delicto común; os delictos de opinión non serán considerados nunca delictos comúns para estes efectos.

Artigo 46º.-Vacantes por falecemento.

Cando se dea o falecemento dun traballador en activo a empresa comprométese a cubri-la súa vacante cun fillo deste que estea en situación de desemprego.

Artigo 47º.-Táboa de clasificación.

Establécense os seguintes grupos, subgrupos, categorías e niveis retributivos:

Grupo I.-Técnicos:

Nivel 2: técnico superior.

Nivel 3: técnico medio.

Grupo II.-Empregados:

A) Xefe de persoal.

Nivel 3 ou 4: xefe de persoal.

B) Administrativos:

Nivel 3: xefe Admvo. de 1ª.

Nivel 5: xefe Admvo. de 2ª.

Nivel 6: oficial Admvo. de 1ª.

Nivel 8: oficial Admvo. de 2ª.

Nivel 9: auxiliar administrativo; telefonista.

C) Técnicos non titulados:

Nivel 3: xefe de organización de 1ª

Nivel 4: xefe de fabricación ou encargado xeral fábrica.

Nivel 5: delineante superior; xefe organización de 2ª, xefe ou encargado de taller ou sección, encargado de sección (laboratorio).

Nivel 6: delineante, técnico organización 1ª, contramestre ou xefe de equipo.

Nivel 7: técnico organización 2ª, analista de laboratorio de 1ª.

Nivel 8: analista de laboratorio de 2ª, inspector de control.

Nivel 10: auxiliar de laboratorio.

D) Persoal comercial:

Nivel 9: vendedor.

E) Subalterno:

Nivel 9: conserxe.

Nivel 10: ordenanza, porteiro, persoal de limpeza.

Grupo III.-Obreiros-cerámica:

Nivel 7: modelista, decorador á man, bandista en cor ou de bandas de máis de 5 mm, calibrador de pezas á man en proceso manual, fabricante de matrices, bañador á man de pezas de máis de 5 kg, mecheiristas.

Nivel 8: fileteador ou bandista, mufleiro, calibrador de fontes en máquina semiautomática, conductor de máquinas automáticas, pratos, cuncas, sopeiras, pratiños e máquina bañado, conductor máquinas fileteado.

Nivel 9: retocado á man, serigrafista, cargador e descargador de fornos, fenwistas, pegadora de asas manuais, embaladora, recortador de asas manual, recortadora de calcas, retocado de pezas á máquina, recorte de asas en máquina, retocador de obra vernizada, clasificadora de decorado, clasificadora de biscoito, quitar puntos e clasificar en branco, iluminador, aerografista, cromadora, cargador e descargador de muíños, prensas e amasadoras, encaixadora e bañadora manual, fabricante de moldes, fabri

cación e cribado de asas, pegadora de asas en máquina, desmoldeado, vernizador en máquina automática, empaquetadora, operario en cadea automatizada de pratos, pratiños, etc., fabricante de colaxe manual, separador de pedidos, rebordeadora, servicios auxiliares de producción.

Nivel 10: transporte, carga e descarga de camións, servicios xerais de fábrica.

Grupo IV.-Obreiros vidro:

Nivel 7: decorador 1ª, fundidor, mecánico, conductor de máquina de soprado, prensado, etc.

Nivel 8: serigrafista, decorador de 2ª, fileteador á man, tallador de 1ª, pulidor de 1ª, taponador fino.

Nivel 9: peón especializado, axudante de máquina, escolledor, contador, mesturador, embaladores, marcador de caixas, empaquetador e caixista, fenwista, mufleiro, cromadora, tallador de 2ª, pulidor en xeral, taponador ordinario.

Grupo V.-Cromos:

Nivel 6: debuxante, xefe de taller.

Nivel 7: fotógrafo, almaceneiro.

Nivel 8: maquinista, montaxe, pantallista, preparación cores.

Nivel 9: cortador.

Grupo VI.-Oficios auxiliares:

Nivel 7: oficial 1ª.

Nivel 8: oficial 2ª.

Nivel 9: oficial 3ª.

Definicións:

Técnicos (grupo I).

Persoal titulado contratado para o exercicio da súa profesión e o desempeño das funcións propias da súa titulación e coñecementos técnicos, incluíndo tanto os titulados de grao superior como os de grao medio.

Xefes administrativos de 1ª.

Empregado que, provisto ou non de poder, ten responsabilidade directa sobre diversas seccións administrativas ás que coordina e distribúe o traballo e da actuación das cales responde.

Xefes administrativos de 2ª.

Empregado que, provisto ou non de poder limitado, está encargado dunha sección ou departamento, suxire e dá unidade ó traballo que ten encomendado, e responde deste ante os seus xefes e distribúe o traballo ós seus subordinados.

Oficial administrativo de 1ª.

Empregado que actúa ás ordes dun xefe, se o houbese, e ten ó seu cargo un servicio determinado dentro do cal, con iniciativa e responsabilidade, con ou sen outros empregados ás súas ordes, realiza traballos que requiren cálculo, estudio, preparación e condicións adecuadas.

Considéranse incluídos os caixeros de cobros e pagamentos, sen sinatura nin fianza, traductores, taquimecanógrafos en idiomas estranxeiros que toman ó dictado 100 palabras por minuto traducíndoas directamente á máquina en seis, e ós xefes de almacén, así como os programadores de IBM.

Oficial administrtivo de 2ª.

Empregado que con iniciativa e responsabilidade restrinxida, subordinado a un xefe ou oficial de 1ª, realiza traballos de carácter auxiliar secundario que só requiren coñecementos xerais da técnica administrativa.

Considéranse incluídos os operadores de máquinas contables, taquimecanógrafos en idioma nacional que tomen ó dictado 115 palabras por minuto, traducíndoas directamente e correctamente á máquina en seis; mecanógrafos que, con toda corrección escriben ó dictado 350 pulsacións por minuto ou coa de 320 en traballos de copia.

Auxiliar administrativo.

Empregado que dedica a súa actividade a operacións elementais administrativas e, en xeral, ás puramente mecánicas inherentes ó traballo de oficina.

Considéranse incluídos os auxiliares de caixa, os mecanógrafos que escriben con pulcritude e corrección e os taquígrafos que non alcancen a velocidade esixida ós oficiais de 2ª ou os operarios de máquinas calculadoras.

Delineante superior.

Auxiliar técnico que, baixo as ordes directas dun titulado superior en enxeñería ou arquitectura, efectúa o desenvolvemento gráfico de toda clase de proxectos e traballos de estudio. Poderán serlle encomendados os traballos complementarios que sexan precisos para a preparación dos orzamentos de traballo por el proxectado.

Delineante.

Auxiliar técnico que, ademais dos traballos de calcador e de poder executar planos de conxunto e detalle, precisados e acotados, así como traballos de posta en limpo de esbozo de pezas illadas ou elementos sinxelos, está capacitado para desenvolver graficamente, baixo a dirección dun facultativo, enxeñeiro ou arquitecto, proxectos sinxelos; trazado de planos de conxunto ou de detalle; toma de datos e postas en limpo de esbozos; despezamento de planos; interpretación destes e transportación a escalas diversas de datos de distintas contías.

Xefes de organización de 1ª.

Técnico diplomado en organización do traballo, que con mando directo sobre oficiais técnicos de organización e xefes de sección de organización, ás ordes dos seus superiores, con responsabilidade do seu traballo, responde da disciplina e seguridade do persoal, de acordo coa organización da entidade e na medida que se estableza no Regulamento de

réxime interior da empresa. A súa actuación está subordinada a motivos prefixados, dentro dos cales e con iniciativa propia, realiza toda clase de estudios de tempos e mellora de métodos, programación, formulación, inspección e control en tódolos casos. Poderá interpretar toda clase de documentos. Le e distribúe equipos de fichas completas. Fai a avaliación dos materiais precisos para o traballo, segundo os datos que obteñen dos planos e das obras. Poderá exercer misións de xefe, dentro do ámbito das funcións referentes á utilización de máquinas, instalacións e man de obra, progreso, lanzamento, custos, resultados económicos e outras misións análogas.

Xefes de organización de 2ª.

É en todo similar ó de 1ª. As súas funcións dependerán da maior ou menor complexidade e volume da sección que teña ó seu cargo.

Técnico de organización de 1ª.

Técnico que procede dalgunha das categorías profesionais ou de oficio. Está ás ordes dos xefes de sección de 1ª ou de 2ª, se estes existen, e realiza os traballos seguintes; cronometraxes e estudio de tempo de toda clase; estudio de melloras de métodos coa saturación de equipos de calquera número de operarios, estimacións económicas; confección de normas ou tarifas de traballo de dificultades medias; confección de fichas completas, definición dos lotes ou conxuntos de traballo con finalidades de programación, cálculo dos tempos de traballo destes; establecemento de necesidades completas de materiais, partindo de datos obtidos en planos ou sobre obras, aínda contando con necesidades de apreciación; despezamentos de todas clases e realización dos bosquexos conseguintes; inspección e control, colaboración no establecemento de orde de montaxes para lotes de pezas ou zonas de funcións de formulación xeral, colaboración e solución de problemas de formulación de dificultades medias e

representacións gráficas.

Técnico de organización de 2ª.

Técnico que, ademais de face-los traballos propios de auxiliar de organización, realiza os seguintes: cronometraxes de todo tipo, colaboración na selección de datos para a confección de normas; estudio de métodos de dificultade media e saturación de equipos ata tres variables; confección de fichas completas de dificultade media; estimacións económicas; informador de obras con dificultades de apreciación na toma de datos; definición de conxuntos de traballos con indicacións precisas dos seus superiores; cálculo de tipos ou tempos tomados sobre planos e obras con dificultades de índole media, despezamento de dificultade media e realización dos bosquexos conseguinte; avaliación de necesidades de materiais en caso de dificultade normal; inspección e control, colaboración en funcións de formulacións e representacións gráficas.

Encargado de sección (laboratorio).

Con capacidade para a execución dos traballos de laboratorio, ocúpase da dirección, distribución e realización dun determinado grupo de traballo, que para a mellor organización, puidesen constituírse. Terá a responsabilidade dos traballos da súa sección e estará ás ordes inmediatas do xefe de laboratorio, se o houber, ou da dirección da fábrica.

Analista de laboratorio de 1ª.

Encárgase en cada sección de executa-los traballos máis correntes baixo as ordes do encargado ou xefe de sección ou, no seu defecto, dos axudantes de enxeñeiro en caso de non haber xefe de laboratorio. Para obter esta categoría precísanse tres anos de servicio na empresa.

Analista de laboratorio de 2ª.

Realiza as mesmas funcións que o de 1ª, sen esixírselle a permanencia de tres anos na de segunda. Debe acreditar plena capacitación.

Auxiliar de laboratorio.

Con coñecementos técnicos elementais, realiza funcións carentes de responsabilidade técnica, axudando ós seus superiores en traballos sinxelos que poidan ter unha rápida comprobación e sempre baixo a súa vixilancia.

Os auxiliares con máis de cinco anos de servicio percibirán a diferencia de nivel correspondente a analista de 2ª.

Xefe de fabricación ou encargado xeral de fábrica.

Ás ordes inmediatas do empresario ou xerencia, ten mando directo sobre os encargados de sección, xefes de taller e persoal delas. Debe coñecer a fondo tódolos oficios que comprende a industria. A súa misión é a vixilancia e inspección das diferentes fases da fabricación. Observa e vixía o funcionamento dos distintos sectores que comprende a fabricación, e responde da disciplina e seguridade do persoal, distribución do traballo, boa execución deste, reposición de pezas, máquinas, conservación das instalacións. Proporciona datos sobre producción e rendementos. Esíxenselle dotes de mando e a enerxía e discreción suficiente para, sen violencias, facerse respectar en todo momento.

Xefe ou encargado de taller ou sección.

Procede dos operarios de oficio, dirixe e vixía os traballos de taller ou de sección dunha fábrica. Está ás ordes inmediatas da xerencia ou do xefe de fabricación ou encargado xeral, se o houber. Exerce funcións de mando sobre o persoal e ocúpase da debida execución práctica dos traballos. Saberá ler e interpretar planos propios do cometido do taller ou sección e notas de traballo.

Contramestre ou xefe de equipo.

Con mando directo dos seus subordinados, do xefe de fabricación ou encargado de taller, posúe e aplica,

se é o caso, os coñecementos adquiridos nunha especialidade. Coida da disciplina do persoal, distribución do traballo, boa execución deste, reparación de pezas e conservación das instalacións e proporciona os datos sobre producción e rendementos dentro da esfera do seu cometido.

Inspector de control.

Ás ordes do xefe de fabricación, comproba a calidade do producto nas distintas fases de fabricación. Inspecciona os traballos realizados, co fin da súa clasificación e eliminación de todos aqueles que non se axusten ós tipos sinalados como base da fabricación.

Vendedor.

É o empregado que traballa nos locais que para exposicións teña a empresa dentro das poboacións e a súa misión principal é proporcionar ó público datos sobre características e prezos dos artigos e tomar nota dos pedidos, que transmite á fábrica.

Conserxe.

É responsable da ordenación do traballo, disciplina e formación do resto do persoal subalterno.

Ordenanza.

É o subalterno que ten a misión concreta de facer recados, copiar documentos a prensa, manexa todo tipo de máquinas de reproducción de documentos, realiza os encargos que se lle encomendan entre un e outro departamento, recolle e entrega a correspondencia e leva a cabo tódolos traballos elementais que lle ordenen os seus xefes.

Porteiro.

Coida os accesos ás dependencias e locais onde presta servicios de acordo coas instruccións dos seus superiores, e realiza funcións de vixilancia e custodia.

Grupo VI.-Oficios auxiliares:

Considéranse como tales aqueles, que sen seren fundamentais para as actividades típicas das fábricas, son utilizados polas empresas formando parte do seu persoal.

Entre as actividades e oficios que quedan incluídos neste grupo e a título meramente enunciativo, poden mencionarse os seguintes: torneiro, axustador, caldeireiro, soldador, mecánico, electricista, carpintero, albanel e fontaneiro.

Oficial 1ª.-Nivel VII.

Corresponden a esta categoría os que, con tal dominio do oficio e con capacidade para interpretar planos de detalle, realizan os traballos que requiren maior esmero e delicadeza, non só con rendemento correcto, senón coa máxima economía material.

Oficial 2ª.-Nivel VIII.

Son aqueles que, cos coñecementos teórico-práctico do oficio, adquiridos mediante aprendizaxe sistemática ou cunha longa práctica del, realizan os

traballos correntes con rendemento correcto, podendo entende-los planos ou esbozos máis elementais.

Oficial 3ª.-Nivel IX.

Nesta categoría inclúense os que, procedendo de aprendices ou peóns especializados e con coñecementos xerais do oficio adquiridos por medio dunha formación sistemática ou dunha práctica continuada, auxilian os oficiais de 1ª e 2ª na execución dos traballos propios destes e efectúan illadamente outros de menor importancia baixo a dirección daqueles.

Para o resto de niveis non especificados por unha definición concreta, considérase suficientemente expresiva do ámbito as súas funcións e actividade a denominación que os identifica segundo a enumeración xeral.

Primeira.-Compensación e absorción de melloras.

As melloras establecidas neste convenio serán absorbibles ou compensables nos termos contidos na lexislación vixente en cada momento. Sen embargo, sería causa suficiente para solicita-la revisión deste, o feito de que as ditas posibles disposicións legais, establecesen melloras que, unha vez absorbidas ou compensadas, resultasen superiores ás concedidas neste convenio.

Segunda.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaránselle a tódolos traballadores as situacións persoais actuais consolidadas, en canto determinen mellores dereitos que os concedidos neste convenio, respecto ás materias da súa regulación manténdose ad personam.

Terceira.-Remisión a normas xerais.

No non regulado neste convenio aplicarase o establecido nas disposicións legais e regulamentarias do Estado, así como á vontade das partes. Entre estas disposicións contemplarase a ordenanza laboral de construcción, vidro e cerámica, en todo o que non se opoña ó presente convenio.

Comisión negociadora do convenio colectivo.

-En representación da empresa:

Rafael Tormo Aguilar.

Luis Quinteiro Soto.

Manuel Molina Blanco.

Manuel Gundín Paz.

Manuel Freire Blanco.

Eloy Garrido Seoane.

Ana Anta Villar.

Guadalupe Sotelo Lorenzo.

Segunda Vilanova Fernández.

Ana Buján Díaz.

Luis T. Lozano Barredo.

-En representación dos traballadores:

José Rial Figueroa. CIG-Cabral.

Alberto Reyes López. CIG-Pontesa.

Manuel Gómez Ponte. CIG-Pontesa.

Andrés Cerezo Santos. CIG-Pontesa.

Margarita Rodríguez Montes. CC.OO.-Cabral.

Manuel González Gómez. CC.OO.-Moahsa.

Margarita Gallego Gómez. CC.OO.-Cabral.

Carlos Da Silva Freijeiro. CC.OO.-Cabral.

Manuel Da Veiga Miranda. UGT-Cabral.

Alfonso Alonso Pérez. UGT-Cabral.

Rosa Dantas Alján. UGT-Pontesa.

Purificación Santiago Domínguez. USO-Cabral.

Flora Dávila Álvarez. USO-Cabral.

Secretaria de actas:

Ana Isabel Buján Díaz.

Cálculo da prima de calidade ano 1999

Intervalos puntos de calidade

Sta. ClaraMoahsaPontesaDecoradoVanosaPovisaPtas./mes

53858394,080,094,00 ptas.

55868494,581,594,5318 ptas.

57878595,083,095,0636 ptas.

59888695,584,595,5955 ptas.

61898796,086,096,01.273 ptas.

63908896,587,596,51.591 ptas.

65918997,089,097,01.909 ptas.

67929097,590,597,52.228 ptas.

69939198,092,098,02.546 ptas.

71949298,593,598,52.864 ptas.

73959399,095,099,03.182 ptas.

Táboa de ptas./primaAno 1999P.P.P. 6,474 ptas.

ActividadePesetas/hora

600,000 ptas.

616,474 ptas.

6212,948 ptas.

6319,422 ptas.

6425,896 ptas.

6532,370 ptas.

6638,844 ptas.

6745,318 ptas.

6851,792 ptas.

6958,266 ptas.

7064,740 ptas.

7171,214 ptas.

7277,688 ptas.

7284,162 ptas.

7490,636 ptas.

7597,110 ptas.

76103,584 ptas.

77110,058 ptas.

78116,532 ptas.

79123,006 ptas.

80129,480 ptas.

Táboa de valores de convenio para 2000(7.000 ptas./m lineais)

En vigor desde 1 de xaneiro de 2000

NivelPercepción diariaPercepción mensualImporte salarioValor horaNivel

Salario

convenio

Comple. Transp.

urbano

Axuda

social

Salario

convenio

Comple. Transp.

urbano

Axuda

social

bruto anualextra

24.055,340238,08388,27121.6605.95211.6481.937.7391.7862

33.560,956238,08388,27106.8295.95211.6481.730.0971.7543

43.500,977238,08388,27105.0295.95211.6481.704.9061.7224

53.389,176238,08388,27101.6755.95211.6481.657.9501.6905

63.258,953238,08388,2797.7695.95211.6481.603.2561.6596

73.203.791238,08388,2796.1145.95211.6481.580.0881.5957

8.43.156,187238,08388,2794.6865.95211.6481.560.0951.5308.4

8.33.148,734238,08388,2794.4625.95211.6481.556.9641.5308.3

8.23.141,421238,08388,2794.2435.95211.6481.553.8931.5308.2

8.13.134,108238,08388,2794.0235.95211.6481.550.8221.5308.1

83.126,514238,08388,2793.7955.95211.6481.547.6321.4998

93.019,987238,08388,2790.6005.95211.6481.502.8911.4039

102.957,829238,08388,2788.7355.95211.6481.476.7841.33810

Incentivo producción: 16.207.

Incremento beneficios: 47.773.

Complemento de asistencia: 4.175.

Complemento de traballo a quendas: 2.550.

Táboa de valores convenio para 1999(2,9% s/Conv. 1998)

En vigor desde 1 de xaneiro de 2000

NivelPercepción diariaPercepción mensualImporte salarioValor horaNivel

Salario

convenio

Comple. Transp.

urbano

Axuda

social

Salario

convenio

Comple. Transp.

urbano

Axuda

social

bruto anualextra

23.822,007238,08388,27114.6605.95211.6481.839.7391.7862

33.327,622238,08388,2799.8295.95211.6481.632.0971.7543

43.267,644238,08388,2798.0295.95211.6481.606.9061.7224

53.155,843238,08388,2794.6755.95211.6481.559.9501.6905

63.025,619238,08388,2790.7695.95211.6481.505.2561.6596

72.970,457238,08388,2789.1145.95211.6481.482.0881.5957

8.42.922,854238,08388,2787.6865.95211.6481.462.0951.5308.4

8.32.915,401238,08388,2787.4625.95211.6481.458.9641.5308.3

8.22.908,088238,08388,2787.2435.95211.6481.455.8931.5308.2

8.12.900,775238,08388,2787.0235.95211.6481.452.8221.5308.1

82.893,181238,08388,2786.7955.95211.6481.449.6321.4998

92.786,654238,08388,2783.6005.95211.6481.404.8911.4039

102.724,495238,08388,2781.7355.95211.6481.378.7841.33810

Incentivo producción: 16.207.

Incremento beneficios: 47.773.

Complemento de asistencia: 4.175.

Complemento de traballo a quendas: 2.550.